Páx. 20 - 21
Os residuos que se xeran cada día son responsables do 3.1% das emisións totais de gases de efecto invernadoiro na UE, por iso e coa finalidade da redución destas emisións un cambio na xestión dos residuos provocaría un descenso significativo na emisión destes gases. Así pódese traballar de dúas formas para esta redución: Por unha banda, non teríamos tantas emisións se apostásemos pola reciclaxe dos residuos aforrando as materias primas e a súa transformación, se compostásemos os residuos aforrando fertilizantes e por último usando a enerxía que se xera nestes procesos. Por outra banda, secuestrando o carbono almacenando residuos biodegradables en vertedoiros sen tratar para que se degraden lentamente, con tratamentos biolóxicos dos residuos biodegradables, e almacenando como humus estabilizado o carbono presente no compost.
Páx. 22 - 24
O cambio climático é un tema que está collendo unha importante presenza nos medios de comunicación provocando inquedanzas nos cidadáns comúns que non entenden moi ben o que está pasando. Os cambios climáticos producíronse moitas veces ao longo da historia, máis o que nos debe preocupar é o rápido cambio climático provocado polos seres humanos que non permite a adaptación das especies. Ademais é imposible predicir o futuro, non sabemos se teremos un quecemento xeneralizado ou ben unha época de arrefriamento. Sería importante estudar o pasado para non cometer erros pase o que pase porque se o nivel do mar sube vai ser difícil que as construcións próximas a costa se salven ou se baixa que algúns portos queden obsoletos. Ademais, hai que traballar para crear un mundo sostible e non vale con cambiar as emisións de CO2 por residuos nucleares que nos traerán outros problemas.
Páx. 51
O pasado mes de maio, ADEGA en colaboración con diversas entidades organizou o primeiro encontro solar galego, unha iniciativa que hai tempo se vén desenvolvendo noutras partes do estado e de Europa.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 16
Os impactos ambientais e sociais dos parques eólicos instalados ata o día de hoxe, a inutilidade das avaliacións de impacto ambiental realizadas, a arbitrariedade con que o Partido Popular adxudicou as autorizacións, fan que sexan poucas todas as precaucións ao respecto que o ecoloxismo poida adoptar. Porén, centramos a reivindicación no concurso eólico pode ser un grande erro, xa que desvía a atención das verdadeiras deficiencias que na situación actual condicionan a selección de parques eólicos menos impactantes.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 24 - 25
Entre os múltiples efectos da actual crise económica, ten interese reflexionar sobre as consecuencias que pode ter sobre o medio ambiente, especialmente pola complexidade das relacións entre crecemento económico e o seu impacto ambiental, e pola influencia que nesta relación teñen as decisións que as Administracións públicas adoptan para facerlle fronte ao problema. A resposta á pregunta inicial deste artigo dependerá en gran medida da aposta que fagan os diferentes gobernos, especialmente os europeos e o estadounidense, que están funcionando como referencia internacionais.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 31 - 33
O Plan galego de Acción fronte ao Cambio Climático (PGACC), constitúe a contribución de Galicia ao cumprimento dos compromisos adquiridos polo Estado español no ámbito do Protocolo de Quioto. O PGACC sitúa a Galicia entre as Comunidades Autónomas máis avanzadas na posta en marcha de accións contra este fenómeno global, xunto ao País Vasco, Cataluña e Andalucía que xa aprobaron os seus correspondentes plans de acción. A elaboración do PGACC é froito do traballo conxunto de todos os departamentos da Xunta de Galicia baixo a coordinación da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíbel pertencente á Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.