CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro
Páx. 41-42
A construción dun forno solar de baixo custo é un exercicio que aproveita materiais que en principio son refugallo e que nos permite desenvolver habilidades manuais e de cálculo mentres se analizan diferentes conceptos teóricos: as formas de transmisión da calor, o efecto invernadoiro, a transformación de luz en calor, etc. No ámbito da edificación, os fornos solares son unha ferramenta interesantísima para sensibilizar os alumnos e profesionais na importancia do deseño bioclimático, da orientación, da captación solar, do illamento ou da disposición dunhas edificacións con respecto a outras para beneficiarse do sol. Neste artigo, Juan Bello, profesor desde 1993 de formación profesional en edificación, propón a construción dun fornosolar en varios pasos e empregando materiais moi accesibles e económicos, de xeito que tamén poida funcionar como maquetade investigación bioclimática.
CERNA Nº 72 - Recheos nas praias
Páx. 22-23
No mes de outubro rematou a substitución das luminarias do alumeado público do municipio de Carballo, que se converterá no primeiro de Galicia en implantar a iluminación con leds en todo o seu territorio. A día de hoxe son preto de 7.500 os puntos de luz nos que a empresa concesionaria do servizo público, UTE Ferroser-Ferrovial, cambiou as vellas lámpadas de vapor de sodio por leds, chegando ao 100 % no casco urbano. O novo alumeado supón un aforro enerxético do 80%, reduce a contaminación, aumenta a reprodución cromática e mellora a seguridade viaria.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 19-20
As xornadas “Cara unha nova cultura da Economía sostíbel”, organizadas por ADEGA no pasado mes de xaneiro, trataron de dar a coñecer iniciativas que están a traballar por unha Economía máis sostíbel e socialmente xusta ou por un modelo enerxético máisrespectuoso co medio natural e co cidadán. ADEGA tratou de mostrar unha visión crítica sobre o actual sistema económico e enerxético, fortemente insustentábel desde todos os puntos de vista.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 21-22
As cooperativas de enerxía verde aplican o modelo cooperativista ao sector enerxético e denomínanse “verdes” porque o tipo de enerxía que comercializan e producen é de tipo renovable. Este é o aspecto fundamental destas cooperativas, que xorden de movementos sociais e ecoloxistas do norte de Europa, en sociedades cunha forte cultura participativa adquirida nas últimas décadas do século XX. Actualmente, xa operan en terras galegas Som Energia e Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 10-12
Co fin de frear o chamado "Déficit Tarifario", o goberno español vén de crear unha nova normativa que impide, na práctica, que as novas centrais eléctricas que usen tecnoloxías renovábeis sexan beneficiarias das primas á produción, imprescindíbeis para que sexan economicamente interesantes. O peche temporal foi inmediato e todas as instalacións que desde ese momento están fóra do Rexistro non teñen dereito a percibir primas á produción. Outro aspecto importante da Reforma Eléctrica é que non regula o autoconsumo,é dicir, cando unha empresa consume a enerxía que ela mesma produce. Estas mudanzas normativas e as súas consecuencias para o sector e para o consumidor son analizadas detalladamente polo Responsábel de Enerxía da USC.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 13-15
A razón destas centrais de bombeo ou de ciclo reversíbel non é outra que especulación enerxética. Lonxe de significar unha medida para mellorar a eficiencia, promover a suficiencia ou proporcionar estabilidade ao subministro eléctrico, estes proxectos son para ADEGA un inmenso timo, unha estafa perpetrada coa cooperación necesaria das administracións, cómplices dun verdadeiro lavado de megavatios suxos e dunha descarada malversación de fondos públicos. Fins Eirexas, estuda os casos concretos que afectan ao ambiente, e nomeadamente, a ríos de Galiza.