Revista CERNA

Artigos de Historia natural e humana. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Elementos ecolóxicos na obra do "Irmán Daniel" (I)

Emílio Xosé Ínsua

CERNA Nº 30 - -

Páx. 27-29

Pareceu-nos en CERNA que tiñamos que nos sumar este ano 2000, como tantas outras entidades, á conmemoración do cincuenta cabodano da morte no exílio de Daniel Rodríguez Castelao e decidimos adicar-lle várias entregas desta sección. Pretendemos, amén de contribuír a divulgar o coñecimento da súa figura, deixar patente como a dimensión ecoloxista e a ollada amante sobre a natureza tamén estiveron presentes na vida e na obra deste persoeiro tan decisivo e exemplar na nosa história contemporánea.

Amazónia, Patrimonio da Humanidade

Xosé Veiras García

CERNA Nº 34 - -

Páx. 42-43

En Xuño do ano pasado, Santiago foi escenário dun interesante seminário sobre a Amazónia que reuniu a destacados representantes da sociedade civil e dos poderes públicos do Brasil, convocados polo Cátedra Bolívar da Universidade de Santiago. Os asistentes ao seminário, celebrado baixo o título "Amazónia: Sobrevivência, gestão e desenvolvimento", aprovaron a "Carta de Santiago de Compostela", unha aportación para os debates da conferéncia da ONU Rio+10 que terá lugar en Sudáfrica en Setembro próximo. O desenvolvimento sustentábel da Amazónia interesa a toda a Humanidade e depende tanto da vontade dos países amanzónicos como da predisposición dos países enriquecidos a cumpriren os acordos internacionais adoptados e a exerceren a solidariedade.

Que aconteceu o 4 de Outubro?

Virxinia Rodríguez

CERNA Nº 34 - -

Páx. 9

Artigo de opinión sobre actos de violencia indiscriminada sobre o pobo onde a guerra non é a solución.

Sarmiento foi o primeiro ecoloxista español

Xulio Cuba Orosa

CERNA Nº 36 - -

Páx. 27

Este ano 2002 en Galicia, por mor de adicárselle o día das letras galegas, é o ano do Padre Sarmiento. Esta figura, lonxe de ser unha máis, é precursora, a primeira, na defensa de Galicia e da súa lingua. Cerna non poide deixar de adicar unhas máis que merecidas páxinas a quen é o primeiro precursor de moitas ideas que asume a nosa asociación. Home adiantado ao seu tempo, moi moderno, Sarmiento, o primeiro galeguista, merecer ser lembrado ademais por ser decidido partidario do respecto á natureza, pacifista e renovador do ensino. A súa obra, inmensa, está chea, pois, de actualidade.

A NATURALEZA NA LITERATURA: Benito Losada: Solazarse coa natureza

Emilio Xosé Insua

CERNA Nº 10 - -

Páx. 35-37

Na nosa historia galega, abundan os autores que empregan a natureza como fonte fundamental de inspiración. Neste caso, estas liñas están adicadas a Benito Losada xa que é un destes autores que se ven ecplipsados por outros contemporáneos e a súa labor non deixa indiferente a ninguén.

ACTUALIDADE: BALANCE DE CATRO ANOS DE GOBERNO

Manuel Soto Castiñeira

CERNA Nº 8 - -

Páx. 2-7

Ao longo deste artigo, Manuel Soto fálanos de cómo foi o tratamento dos residuos sólidos urbanos, a política forestal, a política hidrolóxica, a conservación do medio natural e a educación ambiental en catro anos de goberno.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal