CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 16-17
O Irixo xa foi hai anos punto de mira dunha industria privada, a fábrica de celulosa para aluguer de montes e plantación de eucaliptos polo que foi necesaria a mobilización social de xente da localidade e de fóra para impedir tal atropelo. Agora é un proxecto público, e innecesario, tremendamente custoso e altamente contaminante o que se pretende instalar da man do Goberno galego. Galiza é o Goberno galego teñen que saber que a alternativa aos residuos sólidos é reducir, reciclar, reutilizar e aproveitar os recursos que van no lixo: vidro, papel, plástico,materia orgánica... e sen que existan intereses económicos que tiren forte para instalar unha nova incineradora.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 21-22
As actividades de monitorización dos mamíferos mariños levadas a cabo durante os últimos vinte anos en Galiza pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), evidencian o grande impacto negativo que está a provocar a contaminación mariña sobre estas especies, localizándose desde animais mortos por inxestión de plásticos, petróleo e outros residuos, até exemplares que lograron sobrevivir con restos de vellas artes de pesca enganchadas aos seus corpos. A ocupación das zonas costeiras como lugares de asentamento da poboación e as diferentes actividades humanas que se realizan nelas aumentaron a chegada de vertidos e residuos ao mar. Estes poden provocar un grave impacto sobre os ecosistemas e as especies mariñas, chegando algunhas delas a estar ameazadas por esa causa. O mar leva agochando no seu interior durante moitos anos, como se fose unha alfombra xigante, unha enorme cantidade de lixo.