Revista CERNA

Artigos de Cultura e patrimonio. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A visión de equilibrio natural en Sarmiento. Posición dun ilustrado pioneiro

Xosé A. Fraga Vázquez

CERNA Nº 15 - -

Páx. 24-25

Nestes días celébrase o terceiro centenário do nacimento do salientábel ilustrado galego Martiño Sarmiento. Entre os moi diversos temas aos que este erudito prestou atención figura o da pesca na ría de Pontevedra e as migracións dos atúns; no estudo adicado a estes peixes introduce uns interesantes comentarios sobre o equilibrio natural, cuestión que trataremos neste artigo.

Manuel María: A voz natural dun labrego con algo de poeta (III)

Emilio Xosé Ínsua

CERNA Nº 15 - -

Páx. 26-28

Percorrido pola obra literaria do autor, a través de títulos salientables e anacos da súa poesía.

LIVROS

Cerna/Redacción

CERNA Nº 15 - -

Presentación de diversas obras de temática medioambiental:- Flora e vexetación das praias e dunas de Galicia, de Juan Rodríguez Oubiña e cols.- Catálogo da flora vascular galega, E. Niño Ricoi e cols.- El jardín de los pazos gallegos, espacio de recreo y fuente de recursos, Carlos R. Dacal e Jesús Izco

Portugal, tan perto e tan lonxe

Xosé Veiras

CERNA Nº 17 - -

Páx. 14-19

A pesar da proximidade xeográfica, do pasado histórico común e das afinidades lingüísticas e culturais, segue a existir un grande e empobrecedor descoñecemento entre Galiza e Portugal. As relacións entre os dous países irmáns aínda poden definirse hoxe como de "costas viradas". A situación do ambiente en Portugal -que, en certos casos, pode incidir sobre a do noso medio- é ignorada no noso país, onde é máis fácil saber o que acontece en Andalucía, Latinoamérica ou Alemaña. Este artigo pretende ser un primeiro achegamento á situación ambiental portuguesa.

Manuel María: A voz natural dun "Labrego con algo de poeta" (V)

Emilio Xosé Insua

CERNA Nº 17 - -

Páx. 25-28

Percorrido pola obra literaria do autor, a través de títulos salientables e anacos da súa poesía.

A natureza na literatura: Faustino Rey Romero, cantor dos merlos

Emilio Xosé Insúa

CERNA Nº 18 - -

Páx. 22-24

O artigo inclúe unha breve biografía do poeta Faustino Rey Romero, ademáis dun repaso pola súa bibliografía e inclúense extractos das súas obras máis salientables.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal