Páx. 32-33
Trátase dun roteiro ecolóxico polas Terras de Trasdeza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces, a ambas beiras do río Deza.
Páx. 42-44
A configuración xeográfica da Terra de Caldelas dá lugar a áreas cunha forte contraste, como o demostran os máis de mil metros de desnivel entre o río Sil e os altos de San Mamede. Porén, a comarca ofrécenos espazos para gozar de lugares nun medio de transporte ecolóxico e saudábel como a bicicleta. Propoñémosvos un paseo pola terra da bica, o licor café e a vaca caldelá, sempre vixiados dende os altos da serra polo lobo e a aguia real.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 8 - 9
ADEGA continua coa súa campaña mediática en defensa do Courel. Máis de cen persoas acudiron o 29 de outubro de2006 á chamada para visitar e gozar dunha xornada que amenceu luminosa e en que as nosas montañas lucían en toda a súa dignidade. Este roteiro pensouse para dar a coñecer a excepcionalidade ambiental do Courel, que vai desde a xeoloxía á biodiversidade. No Courel encóntrase concentrada a maior variedade de rochas e de especies de toda Galiza. Un valor ambiental desta categoría non pode ser destruído en aras dunha economía baseada en industrias extractivas de curtas miras e que non teñen en conta a perdurabilidade do desenvolvemento e que van deixar tras de si apenas a destrución e a pobreza.
CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 51 - 53
O Bidueiral de Montederramo é unha das xoias dos bosques galegos, razón pola que foi declarado Lugar de Interese Comunitario. Porén, aínda que puidera parecer que este espazo da Rede Natura está dominado por unha única especie, ofrece unha diversidade de paisaxes que vai mais aló da masa forestal de bidueiros. Entre os hábitats destacan, ademais dos piñeiros de repoboación, as carballeiras galaico-portuguesas, diversos tipos de uceiras e pequenos bosques de acivros ou cancereixos, nos que se ve representada unha rica diversidade de fauna e flora. Pero estes montes, hoxe baleiros de xente, foron en tempos un vieiro transitado por veciños e personaxes que deron nome á serra e algunha das lendas máis coñecidas de Galiza.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 50
A Ruta da Pedra e da Auga transcorre polas marxes do río Armenteira, afluente do Umia, no treito comprendido entre o lugar de Barrantes, no concello de Ribadumia, e o Mosteiro de Armenteira, no concello de Meis. En total son 6,5 quilómetros ás beiras do río nos que podemos observar a vexetación propia de ribeira, con árbores autóctonas (salgueiros, carballos, ameneiros, sobreiras carballos...)e unha grande variedade de elementos etnográficos como muíños, pontes, petróglifos, fontes, lavadoiros. Sen dúbida, destaca nestas marxes a ringleira de 53 muíños, en distintas fases de conservación, que acompañan as augas río abaixo. Non é estraño, pois, que este percorrido reciba o nome da “Ruta da Pedra e da Auga”: a “Pedra” polas ducias de construcións etnográficas que acompañan o efluente e a “Auga” que procede dunha grande cantidade de ríos e regatos que atravesan a comarca do Salnés.