Revista CERNA

Artigos de Entrevistas. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Entrevista a Manuel Vázquez, conselleiro de M.A.

Xosé Veiras

CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente

Páx. 18-21

Informes e expertos científicos coinciden en salientar a negativa situación ambiental de Galiza, caracterizada por altos impactos en relación ao resultado económico, históricas eivas e caos na xestión ambiental, ineficiencia... e achacan a responsabilidade fundamental ao poder autonómico da era Fraga. Porén, despois de 16 anos, temos novo goberno na Xunta, novo conselleiro e novo equipo na consellaría de Medio Ambiente. Tamén novos compromisos, mais sobre todo, motias expectativas e esperanzas para achar solución a numerosos problemas ambientais, moitos deles xa vellos e enquistados. Ao frente da Consellaría de Medio Ambiente estréase Manuel Vázquez. Procedente do mundo municipal, como conselleiro comezou a súa relación cos grupos ecoloxistas dunha forma sorprendente, ao tomar a iniciativa para o diálogo. O pasado 21 de Setembro conversamos con el para Cerna.

Entrevista a Adela Figueroa Panisse

Manuel Soto Castiñeira

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 16-17

Adela Figueroa, é presidenta de ADEGA desde o pasado mes de Novembro. Xunto con outras dúas mulleres, incorporouse á directiva desta asociación nunha asemblea extraordinaria na que se cubriron as vacantes xurdidas tras a demisión das persoas que desde o pasado mes de Marzo obstentaban eses cargos. A referida asemblea sucedeu a outra na que se debateu un Regulamento interno da Asociación, e no que se adoptou un réxime de imcompatibilidades para a Xunta Directiva de ADEGA. Ambas cuestións desencadearon unha polémica, tanto internamente como en determinados foros públicos, que acabou por centrarse arredor da independencia partidaria da Asociación e a democracia organizativa. Para sinalar iso, conversamos con Adela Figueroa.

Entrevista a Fernando Blanco

Manuel Soto

CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas

Páx. 30-32

O uso da enerxía é a principal causa de deterioramento ambiental a escala global e marcadamente na Galzia e a industria galega destaca polo seu elevado consumo de enerxía e produción de importantes cantidades de contaminantes. O consumo de enerxía aumentou fortemente nos últimos anos e, como consecuencia, tamén aumentaron as emisións contaminantes e a xeración de residuos e outros impactos ambientais.

Turismo na Costa da Morte: Entrevista a Pablo Villamar

CERNA

CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas

Páx. 36-37

O Plano de Dinamización Turística (PDT) da Costa da Moret sentou as bases para que o turismo sexa un eixo de desenvolvemento social e económico das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Muros, afirma Pablo Villamar, deputado provincial e Presidente da Comisión de Seguimento do PDT.

Entrevista a Emilio Fernández

Manuel Soto e Belén Rodríguez

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 34-36

Actual Director Xeral de Desenvolvemento Sustentábel, naceu en Vigo no 1961. É doutor en Bioloxía e profesor titular de Ecoloxía na Universidade de Vigo. Foi vicedecano da Facultade de Ciencias do Mar. Como investigador prolífico en augas do Atlántico e da Antártida, ten publicado 80 traballos en revistas de recoñecido prestixio internacional. Na actualidade é membro do Comité Español de Investigación do Cambio Global (Ministerio de Educación e Ciencia).

Entrevista a Xoaquín Lucas Buergo del Río

Manuel Soto Castiñeira

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 40-41

Xoaquín é Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galiza, o departamento responsábel das políticas de xestión de residuos en Galiza. Participou a finais de maior nunhas xornadas sobre a xestión do lixo organizadas por ADEGA e a FEG, e con ese motivo conversamos con el para Cerna.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal