Revista CERNA

Artigos de Transporte e mobilidade. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Aeroporto de Alvedro é sostibilidade

Raquel Jabares Fernández

CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades

Páx. 22

A posible ampliación de 400 metros do aeroporto de Alvedro pon a coñecemento público o Estudo de Impacto Ambiental que se realizou sobre o proxecto. Alvedro trátase dun aeroporto de carácter urbano rodeado de colexios, vivendas e persoas que soportan a diario taxas elevadísimas de ruído. Se temos en conta que tal como está hoxe en día, o aeroporto é deficitario, cómpre preguntarse ata que punto é sostible unha ampliación millonaria, de gran pegada ambiental, nun aeroporto que xa de por si ten moitos problemas para resolver.

Os transportes e o cambio climático

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 33 - 34

O tren é o medio de transporte máis eficiente dos existentes, o que menos impacto causa, e o que menos gasto supón tanto na construción como no seu funcionamento diario. Nun país como a Galiza, cunha alta produción de electricidade, é incrible que en vez de apostar por este medio se teñan feito tantas estradas para vehículos privados e tan poucas liñas de ferrocarril. Está claro que as grandes industrias interesadas na venta de vehículos individuais e do petróleo influíron decisivamente nuns gobernos que non quixeron potenciar o tren. Así hoxe en día estanse a construír estradas de Lugo a Ourense e Santiago cuns custes dificilmente amortizables, nun momento en que os prezos dos combustibles comeza a ser moi alto para tódalas persoas non sería mellor fortalecer a rede de ferroviaria?

O camiño de ferro e a planificación territorial

Xosé Carlos Fernández Díaz

CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido

Páx. 26 - 28

Galiza segue a ter unhas comunicacións entre as súas zonas rurais moi precaria, só as cidades se conectan entre elas e coa península dunha forma axeitada, mentres o rural fica a distancias imposibles para o seu desenvolvemento óptimo, o que provoca o seu despoboamento e a emigración cara as cidades, a isto hai que sumarlle os plans dos curtos gobernos que rara vez cumpren uns prazos optimistas e que teñen en mente as masas de votos en detrimento das melloras que outros plans máis ambiciosos traerían a nosa terra, isto evitaríase cunha maior transparencia nestas concesións, máis a administración procura trabas para que isto non ocorra e o pobo non teña acceso a informacións sobre custes e rendibilidade destas infraestruturas.

A mobilidade na comarca da Coruña

Amancio Sotillo

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 29-30

A comarca da Coruña adoece de políticas de mobilidade sustentábeis. A plataforma pola mobilidade da Coruña chama a atención sobre este aspecto e a necesidade de impulsar outros modelos de desprazamento na bisbarra e na propia cidade, na cal circulan a diario unha media de 150.000 vehículos motorizados. Outros problemas que se observan son: saturación das vías, contaminación acústica e por emisión de gases de efecto invernadoiro (CO2), problemas de saúde pola contaminación atmosférica, acaparación do espazo urbano polos vehículos en detrimento das persoas, grave afección ao medio ambiente, etc.

Viseu: unha cidad sustentábel

Xan Carlos Fernández

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 31

Propoñemos ás persoas leitoras da revista Cerna unha viaxe ao Centro de Portugal, concretamente á capital do distrito da Beira Alta Interior. A cidade de Viseu foi de novo escollida pola Asociación para a Defensa dos Consumidores (DECO) portugueses como cidade con mellor calidade de vida polo seu planeamento e xestión municipal, a mobilidade e a calidade ambiental da cidade, entre outros valores.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal