Revista CERNA

Artigos de Ordenación do territorio. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Concentracións parcelarias, desertización asegurada

Redacción/Cerna

CERNA Nº 6 - -

Páx. 28-29

O impacto ambiental que producen as concentracións parcelarias xera unha deforestación na paisaxe rural. Toda a vexetación é arrincada sistemáticamente de raíz, sen ter en conta ó seu gran valor ecolóxico. Os regatos e os ríos, con seus bosques de galería sufren unha transformación inimaxinable. As concentracións parcelarias incumpren a Lei, existen especulación da madeira, tan só existe unha preocupación e interés económico por parte dos gobernos... pero nós temos unha alternativa.

A nova Lei do Solo considera residual o 90% do rural galego

Fins Eirexas

CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel

Páx. 26-27

As organizacións integradas na Alianza Rural Galega (ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM) vimos de intervir na Comisión Parlamentar de estudo para unha nova lei do Solo. O texto que presentou a xunta para servir de base aos traballos menospreza o mundo rural galego, consagra a discrecionalidade e aposta polo modelo urbanístico que provocou a burbulla inmobiliaria.

A nova era da minaría metálica en Galiza

Belén Rodríguez/Redacción

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 10-11

A minaría clásica de Galiza, fundamentalmente dedicada á explotación de recursos da sección C non metálicos, isto é, granito ornamental, feldespatos, lousa, cuarzo, caolín, arxila, rochas, etc., segue a ser a que máis concesións de dereitos mineirosten no noso país, arredor de 450, e tamén a que tramita a maioría das solicitudes de investigación ou de concesión de explotación, máis de 300 en curso. Pero nos últimos anos algo ten mudado no sector que se fai evidente á vista de proxectos emerxentes que recuperan o interese polas vellas minas de recursos metálicos, como o volframio ou o estaño, ou de materiais prezados,como o ouro. A minaría en Galiza semella ter iniciado unha nova era na que vai ser prioritaria a explotación das chamadas “materias primas estratéxicas”. Neste artigo dáse conta dos proxectos que oficialmente se están a dispoñer en Galiza na busca de ouro e dos metais estratéxicos.

Mina de ouro de Corcoesto: Beneficios para algúns, cianuro e arsénico para todos

Fins Eirexas

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 12-14

A minaría a ceo aberto é unha actividade cun grave impactos sobre o territorio, o medio ambiente e sobre os distintos usos do solo. A actividade extractiva e de transformación dosrecursos xeolóxicos, particularmente a minaría metálica, consome tamén grandes cantidades de enerxía e auga e manexa substancias tóxicas que como o cianuro poden ter graves consecuencias para o ambiente a saúde das persoas. O alto prezo destas materias primas nos mercados internacionais pola demanda tecnolóxica fai moitas veces que e as técnicas de explotación e os métodos de extracción non sexan os mellores tecnicamente nin os que menos impactos producen, senón os que xeran menos custos e permiten un beneficio máis rápido ás empresas. Deste xeito, cando as empresas mineiras marchan deixan enormes pasivos ambientais e sociais que degradan o ambiente, deterioran a saúde e a calidade de vida das poboacións das áreas mineiras e impiden outros aproveitamentos económicos. Neste artigo, Fins Eirexas de ADEGA analiza estes impactos no caso concreto da mina de ouro de Corcoesto.

As terras raras: o ouro tecnolóxico

Alfonso S. Gracia

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 20-22

As Terras Raras tamén se coñecen como o “ouro verde”, “ouro tecnolóxico” ou os “minerais do futuro”. Utilízanse na fabricación de coches eléctricos, motores en coches híbridos, aeroxeradores, leds, lámpadas de baixo consumo, pantallas de computadoras,teléfonos móbiles, etc. Tamén son elementos cobizados pola industria das armas. Este ouro tecnolóxico estase a converter na causa da chamada “Guerra do século XXI” entre China e os países occidentais. Agora a carreira mundial pola explotacióndas terras raras chega a Galiza, concretamente á Serra do Galiñeiro, onde unha multinacional surafricana solicitou permiso para investigar alí a presenza do recurso prezado. A continuación, imos afondar no coñecemento das Terras Raras cun experto no campo, o Doutor en Ciencias Xeolóxicas, Alfonso S. Gracia.

Marea de cemento no esteiro do Anllóns

Fernando Baneira, Daniel Romero e Adrián Lema

CERNA Nº 51 - .

Páx. 10- 11

Este artigo trata do desenvolvemento económico que parece que se vai dar pola construción dun paseo marítimo e dun hotel a beira mar, no Esteiro do Anllóns.Pero non é só este hotel, outras empresas privadas queren construír chalés a beira do mar por toda a Costa da Morte. Por iso, dende este artigo, estes autores falan da importancia da nosa cultura diferente, a nosa lingua propia e tamén a nosa costa única e unha natureza aínda sen estragar. A nosa paisaxe pode ser unha importante fonte de riqueza que non se vai esgotar nunca.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal