Revista CERNA

Artigos de Ecoloxismo. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Un programa pola terra, por uns concellos sustentábeis

Fins Eirexas

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 5-7

“Un Programa pola Terra. Por uns concellos sustentábeis” recolle unha serie de propostas que as principais entidades ecoloxistas galegas trasladaron ás organizacións políticas, partidos e coalicións que concorren a estas eleccións municipais para que as integren na súa acción de goberno ou de oposición. Coa presentación deste documento ADEGA, Amigos da Terra, APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, FEG (Federación Ecoloxista Galega, integrada por 18 grupos) e Verdegaia salientan a importancia dos concellos para acadar un modelo ecoloxicamente sustentábel no noso país.

Vida e repressom a través de Moncho Valcarce

Carlos C. Varela

CERNA Nº 72 - Recheos nas praias

Páx. 27-31

Artigo que afonda na dimensión máis vivencial e íntima dun histórico da militancia ecoloxista galega e nacionalista, Moncho Valcarce, o cura das Encrobas.

III Encontro Galego de Custodia do Territorio

AGCT

CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel

Páx. 28-29

O III Encontro Galego de Custodia do Territorio deseñouse coma un espazo para a aprendizaxe e o fortalecemento das entidades galegas que empregan a custodia do territorio como ferramenta de conservación da natureza e a paisaxe. Contou coa participación de profesionais dos sectores forestal, agrario e xurídico que analizaron distintos aspectos relativos á conservación do patrimonio natural e paisaxístico a través da custodia do territorio. Así mesmo, estiveron presentes expertos en Custodia do Territorio de ámbito estatal. O Encontro tivo lugar no Centro de Conservación e Estudo da Natureza Casa das Insuas de Rábade, os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.

Unha plataforma para un Sar con vida

Xosé M. Penas Patiño

CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis

Páx. 42-43

Como cada mañá antes de marchar ao traballo Xan achegouse ata o río. Coñecía o Sar desde neno, pois cos amigos da aldea tiña que pasar a carón del cada vez que ía á escola. Alí onde as augas paraban, entre xuncos, centos de troitas mortas mostraban o bandullo ao sol. Non era a primeira vez, nin a segunda. E xa non era nin a primeira, nin a segunda vez, que o tiñan comentado na taberna de Arturo. O río era parte deles mesmos e sentían a desfeita en carne propia. Sen máis voltas, Xan pensou en falar con xente doutras aldeas e en crear una asociación. Así o fixo con amigos de Brión, da Gandariña ou de Padrón, e tamén coa Asociación de veciños de Conxo Doutor Maceira, co Club de sendeirismo Vía Láctea, co Colectivo Remonte, coaSociedade de Caza e Pesca padronesas e co Club de pesca deportiva Londra de Rois. ADEGA tamén estivo apoiando desde o primeiro momento. A nova asociación recibiu o nome de Plataforma pola Recuperación do Sar.

As prioridades do ecoloxismo en 2007. XXXII Asemblea xeral de ADEGA

Belén Rodríguez

CERNA Nº 52 - .

Páx. 10

ADEGA trasladouse ao Teatro Borbón de Vigo para celebrar a súa XXXII Asemblea Xeral o 28 e 29 de abril deste mesmo ano. O saneamento das rías, a protección dos espazos da rede natura e do litoral, a xestión dos residuos, o cambio climático, e a política forestal centraron o debate ecoloxista. Asi mesmo, ADEGA renovou a Xunta Directiva con mudanzas e novas incorporacións, de tal forma que Virxinia Rodríguez pasa a ser a nova Secretaria Xeral de ADEGA.

Acción: Montañas en rede

Ramsés Pérez

CERNA Nº 52 - .

Páx. 14-15

O pasado 12 e 13 de maio do 2007, ADEGA e Red Montañas realizaron unha acción en defensa das montañas, continuando á desenvolta o ano anterior en defensa de Pena Trevinca contra o proxecto de construción dunha estación de esquí e as estruturas parellas. Desta volta ADEGA coordinou e promoveu en Galiza unha acción descentralizada que se desenvolveu no resto da Península. Consistiu na ascensión a diversos cumios, curutos e cuíñas cunha faixa co lema “Ningunha montaña sen protección”. As principais problemáticas apuntadas foron: incendios forestais, parques eólicos, canteiras, abertura de pistas e outras infraestruturas, monocultivos, e turismo agresivo con quads, motocross…

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal