CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 16-17
Está a ser estudado a incorporação do delito de ecocídio para a legislação internacional, no quadro do tratado de Roma. Junto com os delitos de Genocídio, Crime de guerra, Lesa humanidade e Crime de agressão. Define-se delito de ecocídio a aquele que atente à destruição extensa ou a perda de ecossistemas num território concreto, deliberada e massiva. Por meios humanos ou outras causas. Que ameace severamente a vida dos habitantes desta zona. É importante que existam referentes legais. Os seres humanos vão assim construindo suas normas de convívio e sua ética de comportamento.
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 35-36
As grandes vitorias são sempre produto da cooperação dos elementos mais vitais da sociedade. Um exemplo foi o da Moratória para os vertidos nucleares no Atlântico, conseguido pola ação conjunta de diferentes associações e partidos galegos e a cumplici-dade dos sindicatos ingleses que se uniram na luta pola salvação dos oceanos.
CERNA Nº 83 - Electrointensivas con data de caducidade
Páx. 27-28
Un grupo de amigos e amigas de Alfonso del Val, sabedores de que as súas achegas ao desenvolvemento do ecoloxismo no Estado español foron máis que importantes e conscientes de que a súa produción en forma de libros, artigos e estudos non está nin compilada nin difundida convenientemente, decidimos construír un portal web que sirva como repositorio do seu coñecemento e actividade. Estamos convencidos de que moitos e moitas atoparán nel documentación valiosísima para avanzar no coñecemento do ecoloxismo político do que, non podemos cualificalo doutra maneira, Del Val é un experto.
Páx. 6
Os pasados 29 e 30 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela a XII Asemblea anual da AGENG (Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza), que contou coa participación activa de 14 grupos vidos de todo o país e preto dun cento de participantes. O conferenciante invitado, Miguel Anxo Furado, falou sobre "A Costa e o Mar", un dos temas abordados pola Asemblea, que ademáis tratou outros muitos puntos, tanto relativos á problemática ecolóxica como a organización interna.
Páx. 38-39
O importante naturalista prusiano Humboldt (Berlín, Alemania, 1769-1859), autor de gran influencia entre os estudosos e afeccionados da Natureza do s.XIX, emprendeu en 1799, desde a A Coruña, unha salientable expedición a América. No artigo lémbrase a estancia en Galiza deste sobranceiro personaxe, da que en 1999 se cumpriran dous séculos.
Páx. 29
Fálase de dous eventos distintos. Por unha parte, a XIII Asamblea da AGENG, reunión anual dos grupos ecoloxistas e naturalistas galegos, que se celebrou no Grove e foi organizada polo Colectivo Ecoloxista do Salnés. Abordáronse desde os aspectos organizativos á realización de campañas en temas como a incineración e a reciclaxe do lixo, a conservación dos espazos naturais ou as actuacións en materia forestal. Tamén tivo lugar unha marcha cidadá convocada pola asociación local do BNG compostelán. A actividade enmarcouse dentro das iniciativas emprendidas para despertar o interese cidadán sobre os proxectos municipais de ordenación e uso do monte Pedroso e proceder á difusión e análise do Plano especial".