Revista CERNA

Artigos de Desenvolvemento sustentábel. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Nova política ambiental

Manuel Soto, Xosé Veiras

CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente

Páx. 14-17

O conxunto das políticas autonómcias non ten contribuído ate hoxe a frear o proceso de deterioración ambietnal e a aproximar o noso país ao obxectivo do desenvolvemento sustentábel. Os diferentes indicadores dispoñíbeis adoitan ser negativos e tenden a empeorar. Por outra banda, estamos á vivir un proceso de empoderamento e toma de conciencia por parte da poboación galega. Porén a Xunta de Galiza non ten estado á altura das demandas sociais. Analizamos unha serie de propostas na liña de mudar a política ambiental galega.

A pegada ecolóxica de Galiza

Federico Martín Palmero

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 27-30

Entendemos por pegada ecolóxica " a área de territorio produtivo necesaria para obter os recursos empregados e para asimilar os residuos producidos por unha poboación definida, cun nivel de vida específico, onde queira que se atope esa área". Neste marco, analizamos a situación de Galiza en relación a outras áreas e países do globo, ao tempo que se fai fincapé nos elementos e compoñentes máis salientables á hora de afondar neste cálculo.

Para que serve a pegada ecolóxica?

Xavier Simón Fernández

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 31-34

A escala global, os cálculos establecidos sérvennos para mostrar a dependencia que as actividades económicas teñen dos servizos da natureza e para avaliar a dependencia humana da bioprodutividade global dos ecosistemas. A apropiación dos ecosistemas suministra os elementos fundamentais para a vida humana: alimento, fibra, enerxía, materiais e auga, espazo de construción, entre outros moitos. Malia iren mudando e mellorando, os rendementos de apropiación, segundo os cambios na tecnoloxía, os ecosistemas non poden ser substituídos por tecnosistemas e os índices de productividade/absorción non poden aumentar indefinidamente.

Experimentcity: sustentabilidade creativa en Berlín

María García

CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas

Páx. 38-39

Poboados de carromatos de circo con enerxía solar, fábricas de música en industrias abandonadas, xardíns móbiles, deseñadores gráficos que experimentan formas de democracia. 35 proxectos cooperan en experimentcity-Berlin a prol dun desenvolvemento urbano creativo, participativo e sustentábel.

Acuicultura e sustentabilidade

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 27

Estes días estamos á escoitar diferentes opinións acerca da planta de cría de rodaballo que Pescanova pensaba instalar en terreos da Rede Natura no Cabo Touriñán. Segundo confesan os veciños, vendéronlle as terras a 1 euro/metro cadrado (350.000 metros cadrados) coa esperanza de teren traballo na planta. As declaracións dunha das veciñas de Touriñán abraioume especialmente: "Nós nin sabiamos que isto era Rede Natura. O que nós queremos é que os nosos fillos non teñan que emigrar como fixeron tantos outros"

+ Modelo Pontevedra: Calidade alén do centro urbano

CERNA/Redacción

CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal

Páx. 26-28

“+ Modelo Pontevedra” ten como reto principal afondar no modelo de transformación urbana da cidade do Lérez centrada nas persoas, reforzando e adaptando o seu modelo non só ao centro urbano, senón tamén a espazos urbanos da periferia que rodea a cidade compacta, espazos nos que hoxe aínda existen déficits sociais, de calidade urbana, de sostibilidade e funcionais. Continuidade no tempo e no espazo para unha estratexia de configuración urbana que desde hai 15 anos converteu Pontevedra nun referente mundial de cidade amable e sostible.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal