CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 12-13
A pesar de que o último informe do IPCC reincide sobre impactos xa coñecidos, agora tamén sabemos que os eventos extremos son por mor do cambio climático, que acadamos puntos de non retorno para moitos ecosistemas mariños, e que para todo isto é necesaria unha adaptación socialmente xusta e equitativa.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 9-10
A Xustiza fai cambalear a política eólica da Xunta de Galiza a golpe de sentenza, por incumprir as leis de avaliaciónambiental e de participación pública. Á anulación definitiva do repotenciamento do parque de Corme e dosparques eólicos Serra do Iribio no Courel e Sasdónigas I e II de Mondoñedo, súmase a paralización cautelar dosproxectos Bustelo, Campelo e Monte Toural de Greenalia, que supoñen vitorias xudiciais históricas ao producirseantes do inicio das obras e ao sentaren precedentes favorables para as organizacións sociais e ecoloxistas queloitan contra a invasión eólica.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 5-8
O 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, e o 11 de decembro, Día das Montañas. Estas dúas datas volveron ser claves ao longo do 2022 na loita contra a invasión eólica en Galiza. O pobo mobilizouse masivamente baixo o lema “Temos alternativa! Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía por e para o pobo” nunhas manifestacións convocadas pola Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 entidades repartidas por todo o país, entre colectivos e plataformas veciñais, ecoloxistas, culturais e sociais.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 11-12
A finais de agosto de 2022, ADEGA e a Coordinadora Eólica Así Non presentaron perante a Comisión Europea unha denuncia pola vulneración de diversas Directivas da Unión en materia ambiental na tramitación de proxectos eólicos en Galiza. Este artigo pretende expor as razóns que conduciron á formalización de dita denuncia e os seus contidos xerais.
CERNA Nº 87 - Espazos protexidos e conservación de aves
Páx. 5-6
A pesca galega leva anos nunha profunda crise que non está motivada pola ausencia de recursos nas nosas costas, que os hai, é moitos, e tampouco porque falten bos barcos e boas infraestruturas nas lonxas, e por suposto, os mellores pescadores. Non. Esta crise, que cada ano destrúe barcos e postos de traballo, é unha crise que ten a súa orixe na feble xestión política que se fai deste sector primario. Unha xestión que, lonxe de aspirar a colocar este ramo esencial e básico como un actor relevante no xogo político, ponse de perfil á hora de exercer a influencia necesaria para tornar o actual estado de cousas.
CERNA Nº 87 - Espazos protexidos e conservación de aves
Páx. 7-9
A implantación no territorio das infraestruturas precisas para o funcionamento das enerxías renovábeis provocan unha serie de impactos negativos sobre a biodiversidade. No caso da enerxía eólica téñense demostrado efectos como a erosión do solo e a perda de hábitats, a alteración da dinámica hídrica e a mortalidade por colisión de aves e morcegos, alén do ruído e do impacto visual, entre outros; afeccións das que tampouco están exentos os parques eólicos mariños. Faise pois imprescindíbel para a boa planificación da ubicación de instalacións de xeración de enerxías renovables en Galiza, a elaboración dun mapa de zonas de exclusión que recolla criterios que permitan salvagardar a diversidade natural e manter os servizos ecosistémicos.