Revista CERNA

Artigos de Contaminación. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

ACTUALIDADE: Auga potábel para Lugo xa

Cerna/Redacción

CERNA Nº 12-13 - -

Páx. 4

Análise sobre a contaminación do Miño ó seu paso por Lugo e os problemas que orixina sobre a poboación, especialmente por ser a fonte de auga potable para a mesma.

Contaminación e deterioro das rías galegas

Fiz F. Pérez e Lourdes Vila Amarelle

CERNA Nº 12-13 - -

Páx. 10-13

Con este artigo, Cerna abre unha serie ao longo da que ofertaremos aos leitores unha análise da situación das nosas augas costeiras, fluviais ou subterráneas. Comezamos precisamente polas rías, esas formacións xeolóxicas, vals fluviais afundidos, onde se moven e mesturan augas de orixe continental con augas de orixe oceánico.

O medio ambiente en catro concellos da mancomunidade de A Coruña

Pedro Santiago Laguillo

CERNA Nº 12-13 - -

Páx. 45-47

As primeiras previsións sobre o coste do plan de RSU da Xunta para os concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cerceda, fan a súa aplicación máis que difícil. Ditos concellos sufriron impactos de distinto tipo: en Culleredo obsérvase na vista aérea as cicatrices de "servidumes de paso" da metrópole, en Cerceda trala posta en funcionamento da central térmica xa non se observa tanta froita coma antes...

ACTUALIDADE: De Guixar a Cerceda. Do lixo ás dioxinas

Manuel Soto Castiñeira

CERNA Nº 14 - -

Páx. 5-6

Os proxectos de SOGAMA para a comarca de Vigo foron variando mes a mes, esquecéndose, trala oposición xurdida en Mos e noutras localidades, das chamadas plantas provinciais de "tratamento e elaboración de combustible", para instalar no seu lugar unhas empacadoras provisionais. Analízase a preocupante situacións das instalacións preto das casas e as accións levadas a cabo polos veciños para frealas.

A "ecotaxa" da Xunta: Imposto ecolóxico ou coartada fiscal?

Cerna/Redacción

CERNA Nº 16 - -

Páx. 34-35

O Parlamento galego aprobou recentemente a creación da denominada "ecotaxa", un imposto que vai gravar as emisións masivas de dióxido de xofre e nitróxeno que realizan na atmósfera algunhas grandes empresas ubicadas en Galicia. A acusación de que o obxectivo da Xunta ao establecer este imposto non era a de protexer o medio ambiente foi bastante xeral durante o debate previo.Inclúese ademáis un breve comentario de Xabier Labandeira, especialista en economía ambiental.

ACTUALIDADE: Plan Estatal de Recuperación de solos contaminados

Cerna /Redacción

CERNA Nº 16 - -

Páx. 2-3

O 17 de febreiro de 1995 o Consello de Ministros aprobou o texto do "Plan Nacional de Recuperación de Solos Contaminados", de aplicación no periodo 1995-2000 e de incidencia ata o 2005. O plan presenta un inventario de solos contaminados así como de actividades potencialmente contaminantes, define as actuacións a levar a cabo sobre algúns dos espazos contaminados e a súa distribución entre as diferentes CC.AA.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal