CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 19-21
No 2022 cumpríronse 20 desde que un petroleiro fendía e afundía perante as nosas costas e liberaba a súa carga sobre o ecosistema natural e social de Galiza. O que aconteceu despois xa é historia, mais como lle foi á nosa natureza? Que fica por facer e que foi daquel chapapote?
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 22-24
Rafa Vilar (Cee, 1968) é escritor e foi voceiro da xestora nacional do ‘Nunca Máis’, a plataforma que xurdiu para reclamar responsabilidades medioambiental, xudiciais e políticas ante o desastre do petroleiro Prestige fronte as costas galegas. Cando se veñen de facer 20 anos daquela catástrofe que silenciou e tinguiu de negro o mar, Cerna conversa con el sobre a potente resposta cidadá que agromou naquela altura e as vivencias que resoan na memoria colectiva de todo o país.
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 29-30
A historia da mina de Touro-O Pino é un claro exemplo do que significa unha actividade económica espoliadora e insustentable. Xera beneficio, que non queda alí onde se desenvolve, durante un período de tempo curto e deixa uns prexuízos que son permanen-tes no tempo e, eses si, quedan onde se xeran.
CERNA Nº 83 - Electrointensivas con data de caducidade
Páx. 31-32
Xusto antes de que a COVID-19 aparecese nas nosas vidas, as praias galegas enchéronse de aves mariñas mortas. Desde finais de febreiro ata mediados de marzo de 2020 atopáronse en toda a fachada atlántica ducias de cadáveres de araos papagaios, araos dos cons, carolos, mascatos e gaivotas, todos manchados en maior ou menor medida dun produto oleoso alaranxado que parecía proceder dunha vertedura ilegal no mar.
Páx. 4
- Éxito rotundo da marcha polo peche da celulosa en Pontevedra: o pasado 19 de xuño, máis de 6.000 persoas confluiron diante da factoría da Celulosa para reclamar o peche definitivo do complexo contaminante de ENCE-ELNOSA.- Manifestación en Lugo contra o Encoro de Navia: maís de 3.000 persoas asistiron en Lugo á manifestación convocada pola Coordinadora Antiencoros do Navia, o pasado 5 de xuño.
Páx. 2
As dioxinas xéranse na combustión do lixo en presenza de compostos de cloro, sexa nas incineradoras ou nos vertedeiros que hoxe están a arder por toda a Galiza. A Xunta non só manifesta unha absoluta despreocupación pola contaminación do ar e dos alimentos que están ó redor destes lixeiros, senón que pretende a instalación dunha macroincineradora para queimar o lixo de toda Galiza. Profesionais da Sanidade Galega pronúncianse contra a incineración.