Revista CERNA

Artigos de Conservación e biodiversidade. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

O freixo como madeira de calidade

Xacobe Feijoo Lamas

CERNA Nº 35 - -

Páx. 16-17

O freixo é unha árbore autóctona marxinada pola política forestal autonómica que posúe unha madeira moi aprezada no mercado polas súas excelentes cualidades tecnolóxicas. Pódese plantar nas beiras dos ríos e nas valgadas profundas e húmidas. Se se planta de forma espallada ou se demouca (córtase periodicamente a 2-3m de altura), dá lugar a devesas ("dehesas") onde é posíbel un interesante aproveitamento mixto gando-madeira. Éste é un uso tradicional en zonas como León que resulta acorde coa tendencia a extensificar a gandería.

Pesca deportiva e ecolóxica

Alberte Sánchez Regueiro

CERNA Nº 35 - -

Páx. 18

No momento actual existe unha crecente sensibilidade cara o meio que nos rodea. O cidadán, sexa ecoloxista ou non, estase a dar conta de que os recursos naturais non son inesgotabeis, de que o contorno e o ecosistema vanse deteriorando paulatinamente sen que individualmente se poida realizar ningunha acción directa para evitalo, aínda que algunhas accións axuden a correxilo.

A recuperación integral da Limia é necesaria e posible

Serafín González e Antonio Villarino

CERNA Nº 36 - -

Páx. 11- 13

A chaira da Limia foi ata hai uns 40 anos un grande complexo húmido constituído pola Lagoa de Antela e diversos asolagamentos temporais, interconectados por cursos fluviais e rodeados por unha paisaxe agrosilvopastoral en mosaico. En anos de condicións hidrolóxicas normais só a lagoa tiña unhas 3.500 - 4.000 Ha en invernía. Nas zonas húmidas existía unha grande variedade de hábitats: augas libres de pouca profundidade (2-5m), augas con vexetación acuática flotante e emerxente, veigas asolagables con herbáceas ou mato ralo,.... A paisaxe agraria era tamén un mosaico de terras cultivadas e pasteiros con sebes arborizadas e arboredas autóctonas espalladas. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) elaborou unha proposta que pretende a recuperación integral da Limia, a restauración do seu excepcional patrimonio ambiental.

O patrimonio xeolóxico: protección, conservación e xestión I

Fins Eirexas

CERNA Nº 36 - -

Páx. 15- 17

Os conceitos de patromónio xeolóxico, xeodiversidade, xeoconservación e xeorrecursos culturais son homólogos aos de património biolóxico, biodiversidade, biorrecursos culturais e bioconservación. Porén resultan practicamente descoñecidos para o público en xeral e mesmo para as administracións encargadas da sua xestión, até o ponto de que a conservación asocia-se exclusivamente á conservación biolóxica. As políticas de protección e xestión de espazos naturais orientaron-se principalmente cara ao património biolóxico, arqueolóxico e etnográfico. Até o de agora, o património xeolóxico e os xeorrecursos culturais galegos non foron considerados un activo natural e cultural ao mesmo nível que os seus equivalentes biolóxicos, mália á excepcional riqueza xeolóxica de galiza.

Voluntariado

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 38 - -

Páx. 33-34

Analízanse as consecuencias do Prestige, o feito de tirar por terra a área de traballo e desenvolvemento de milleiros de galegas e galegos. De aí a necesidade de poñer fin a esta situación e intentar revertila na medida do que nas nosas mans sexa posible.

O Prestige: un ano despois

Xabier Vázquez, Martiño Nercellas, Xan Duro

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Páx. 26-30

Un ano despois do paseo e afundimento do Prestige fronte as costas galegas, ADEGA fai balanzo da situación vivida, o estado da litoral e as perspectivas de futuro no seu informe: O Prestige, un ano despois. Ofrécese aquí un resumo dalgúns puntos de interese. O documento completo pódese consultar na sección do Prestige da web de ADEGA: www.adegagaliza.org

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal