Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 18 - -
Páx. 28
Inclúese información sobre as seguintes actividades:- "Coñecer a Ulloa" e Campamentos, organizados pola Casa da Terra- I Congreso da Sociedade Portuguesa para o estudo das aves- Campamentos de Verán en Antas de Ulla, organizado tamén pola Casa da Terra.
Páx. 29
Fálase de dous eventos distintos. Por unha parte, a XIII Asamblea da AGENG, reunión anual dos grupos ecoloxistas e naturalistas galegos, que se celebrou no Grove e foi organizada polo Colectivo Ecoloxista do Salnés. Abordáronse desde os aspectos organizativos á realización de campañas en temas como a incineración e a reciclaxe do lixo, a conservación dos espazos naturais ou as actuacións en materia forestal. Tamén tivo lugar unha marcha cidadá convocada pola asociación local do BNG compostelán. A actividade enmarcouse dentro das iniciativas emprendidas para despertar o interese cidadán sobre os proxectos municipais de ordenación e uso do monte Pedroso e proceder á difusión e análise do Plano especial".
Páx. 30
O 16 de xuño tivo lugar unha nova "MARCHA CONTRA CELULOSAS" na ría de Pontevedra; como en anos anteriores a Marcha saiu das Alamedas de Marín e Pontevedra e rematou diante do complexo contaminante de Lourizán, onde se concentraron máis de 3.000 persoas participantes baixo o lema "POLA NOSA SAÚDE E POLO TRABALLO DO MAR".
Páx. 31
Miguel Marvoa, do MEL (Movimento Ecoloxista da Limia) analisa o proceso de luita contra os efeitos ambientais da concentración parcelária na Limia, e por extensión na Galiza. Fai-no a través do seguimento da denúncia presentada ante a Unión Europeia, sen poder chegar a conclusión de que en Bruselas a preocupación polo meio ambiente esté a altura do que a miudo presupomos. De todas formas, esa denúncia, xuntamente co resto da forte campaña desenvolvida en todo o pais sobre este tema, deron de si algúns resultados positivos, traducidos polo momento na realización de estudos sobre o impacto ambiental das parcelárias, na paralisación da concentración de Congostro, na consideración a nivel interno de Estructuras Agrárias de certas medidas preventivas, e na posibilidade de que os proxectos de concentración sexan sometidos no futuro a Avaliación de Impacto Ambiental.
Páx. 32
Presentación de dous libros de temática ambiental:- "As augas de Galicia", de varios autores, que recolle información variada sobre condicionantes ambientais e descripción de recursos.- "Guía didáctica. Contaminación atmosférica", de Ramón Varela Díaz, que fala do funcionamento das centrais térmicas, combustibles, térmicas do Estado e galegas, etc.