Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 19 - -
Páx. 12-13
Presentación de publicacións de temática ecoloxista portuguesa.
Páx. 14-18
Ata moi recentemente apenas existía preocupación algunha polos problemas da contaminación do solo, dun xeito equivalente ás manifestas preocupacións polos casos de contaminación atmosféricas ou das augas. Aínda así, a inquedanza actual por esta contaminación, crecenta na última década, non é debida á preocupación polo solo en sí, senón sobre todo polos riscos que se poderían derivar para a contaminación dos cursos de auga e dos acuíferos.
Páx. Dossier
Unha nova catástrofe ecolóxica tivo lugar na Coruña. O 10 de setembro, ás de 10 da mañá, os veciños do Portiñ, tras escoitaren un forte estoupido, apenas teñen tempo de ver como se desprende un enorme alude de 200.000 metros cúbicos de lixo que escorre polo monte abaixo e pola estrada cara ó mar. Un home, Joaquín Serantes López, que estaba a lavar o coche, desapareceu baixo da enxurrada. O aluvión de refugallo, de varios metros de altura, arrastra todo o que se atopa ó seu paso e deixa sepultado o barrio, o seu peirao e maila praia. O aspecto do lugar é dantesco. Este sinistro pon de actualidade a gravidade do problema do lixo e a necesidade de abordalo de forma racional.
Páx. 19-20
Nas derradeiras décadas do século XIX e primeiros anos do XX Antonio Vila, un activo profesor de Historia Natural, desenvolveu un amplo labor promovendo a realización de excursións, das que chegou a ser o principal impulsor da Galiza da época.
Páx. 21-22
Rafa Villar (Cee, 1968) é un dos autores que mellor representa as características e as mellores virtudes da nova promoción poética. Ademáis de poeta, é filólogo e técnico en normalización lingüística, militante nacionalista e "soldado" do "Batallón Literario da Costa da Morte".