Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 21 - -

Primavera - Verán 1997

CERNA Nº 21 - -

Artigos da revista CERNA Nº 21

Xavier Seoane: O Canto Gozoso da Terra

Emilio Xosé Ínsua

Páx. 40-42

Artigo adicado á obra de Xavier Seoane, con anacos da súa poesía e unha análise do trasfondo da mesma.

O corvo mariño cristado

Amadeo A. Pombo Eirín

Páx. 44-45

O corvo mariño cristado é unha especie de dieta fundamentalmente piscívora, polo que é consumado especialista nas artes natatorias e de zambullido. O seu vóo é un bater de ás moi rápido e ascendente, que fai sempre a rentes da auga e nunca sobre terra firme. Pasa a meirande parte da súa vida nos cantís costeiros, ámbito exclusivo da súa distribución. Neste artigo, afóndase nestes aspectos da súa bioloxía.

Costa da morte, terra de lendas e misterio

Tito Soto

Páx. 46-48

A costa da Morte ofrécenos valores culturais e naturais difíciles de atopar noutras zonas. Trátase dunha comarca de grande diversidade e paisaxes singulares: costas bravías onde se manteñen as últimas colonias galegas do arao dos cons, cabos que nos sitúan en pleno océano, lagoas litorais, longos areais batidos polo mar e o vento e pequenas praias abrigadas. Montes con cabalos salvaxes, un dos poucos reductos onde cría o lobo, e vilas e vales nos que admirar o que a actividade humana creou desde hai milenios: dolmes a esgalla, castros, batáns, encaixe de bolillos, labores do liño, etc.

LIVROS

Cerna/Redacción

Páx. 49

Proposta de varios libros de temática ambiental:- Cultivos mariños en Galicia, por Guillermo del Rïo Rocha e cols.- Guía de plantas medicinais de Galicia, de A. Rigueiro e cols.

Catro Estacións: Verán

Xosé Vázquez Pintor

Páx. 50

Reflexión e recordos do autor respecto da estación do verán.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal