Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 28 - -

Inverno 1999

CERNA Nº 28 - -

Artigos da revista CERNA Nº 28

Editorial

Cerna / Redacción

Páx. 4

As transnacionais interesadas no actual modelo de transporte, maiormente compañias petroleiras, automobilísticas e constructoras, atopan bos aliados no populismo local para sacar adiante aqueles proxectos que máis lucro lles dan.

O teu Buzón

Cerna / Redacción

Páx. 5

Que facer contra os arborecidas; Campo de Traballo nas Illas Cies; Onde quedará Xardín

Actualidade: Proxecto de Minicentral no Río Sar; Eólica si, mais non así

Cerna/Redacción

Páx. 6

O proxecto de minicentral no río Sar, localizado ugas abaixo da depuradora de Santiago, despertou unha forte oposición.Eólica si, mais non así: o posicionamento do ecoloxismo, a favor das enerxias limpas e renovábeis, polo tanto a favor da enerxia eólica non implica que teñamos que calar ante os impactos de cada proxecto concreto.

Actualidade: O estado da costa na comarca do Salnés; A comenencia nos trazados da autovia do noroeste

Emílio Xosé Ínsua

Páx. 7-8

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) fixo público un detalladísimo informe sobre o estado da costa na comarca do Salnés, centrado sobre todo no Espazo Protexido Úmia-Ogrove.

Actualidade: Xestión do lixo-um novo panorama na Galiza?

Manuel Soto

Páx. 9-10

Os resultados das eleicións municipais abriron sen dúbida novas espectativas á xestión do lixo no noso país. Consecuentes cos seus compromisos electorais, os gobernos de coalición BNG-PSOE das cinco cidades comezaran a estudar alternativas á SOGAMA que incluan a reciclaxe intensiva e a compostaxe ademais do abandono da incineración.

Árvores produtivas: Os castiñeiros

Xacobo Feijoo Lamas

Páx. 12-13

Poderíase dicir que o castiñeiro é unha árbore que non precisa de presentación entre nós, pois tal é a sua significancia e integración na nosa cultura, paixase e identidade rural dende xa o tempo dos romanos. Persiste o debate sobre se foron eles os introductores da especie en Galicia pero non cabe dúbida que foron os entusiastas do seu cultivo ó longo das principales vías de comunicación do Imperio.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal