Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 63 - Galiza:...

Outono 2010

CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido

Artigos da revista CERNA Nº 63

O camiño de ferro e a planificación territorial

Xosé Carlos Fernández Díaz

Páx. 26 - 28

Galiza segue a ter unhas comunicacións entre as súas zonas rurais moi precaria, só as cidades se conectan entre elas e coa península dunha forma axeitada, mentres o rural fica a distancias imposibles para o seu desenvolvemento óptimo, o que provoca o seu despoboamento e a emigración cara as cidades, a isto hai que sumarlle os plans dos curtos gobernos que rara vez cumpren uns prazos optimistas e que teñen en mente as masas de votos en detrimento das melloras que outros plans máis ambiciosos traerían a nosa terra, isto evitaríase cunha maior transparencia nestas concesións, máis a administración procura trabas para que isto non ocorra e o pobo non teña acceso a informacións sobre custes e rendibilidade destas infraestruturas.

Os criterios de ordenación territorial e os montes veciñais

Xosé Alfredo Pereira Martínez

Páx. 26 - 28

A nova Directrices de Ordenación do Territorio aprobada polo PP é un novo intento colonialista que procura o beneficio as grandes empresas da metrópole, con esta nova DOT e a supresión das axudas da consellería de medio rural do anterior goberno, o PP procura a privatización dos montes veciñais en man común, so lle falta un cambio xurídico, que será unha perda para os comuneiros e para toda a sociedade galega xa que este é un dos nosos trazos de identidade. A política do PP céntrase en situar os recursos do rural galego como un ámbito de lecer para as persoas de clase alta e como un recurso enerxético fomentando as plantacións de eucaliptos para o aproveitamento en 4-5 anos nas centrais de biomasa.

Contestación social en Barreiros. Non todo é silencio

Comba Campoy

Páx. 29

Na primavera de 2010 comezou nas redes sociais un grupo co lema “Barreiros máis talento e menos crecemento”, unha crítica a sobre urbanización deste concello da mariña lucense que semella unha vila pantasma no inverno e desborda a súa capacidade na época estival causando cortes na luz e na auga debido a falta de capacidade no concello para facer fronte o alto crecemento da demanda destes recursos no verán cando a poboación se multiplica.

Contestación social en Lugo. A urbanización das costas do parque Rosalía

Helena Mosqueira

Páx. 30

En 2005 o concello de Lugo aprobou a construción dun impoñente edificio ao carón do parque de Rosalía, un espazo importante pola súa riqueza paisaxística, ecolóxica e medioambiental. Ante esta agresión xurdiu unha asociación contraria a edificación que en poucos días logrou 12000 sinaturas de apoio o que demostra que os lugueses se opoñen claramente a construción deste coloso nunha das máis importantes zonas verdes da cidade.

Novos aires para os transxénicos

Plataforma galega antitransxénicos (PGA)

Páx. 32 - 34

A CE deixou a liberdade dos estados a posibilidade de apostar polo transxénicos ou rexeitalos o que vai comprometer a Galiza xa que a postura do estado español e claramente favorable a estes produtos inda que non o manifesten xa que é o estado con maior número de ha dedicadas a este tipo de cultivos. A PGA solicitoulle o goberno galego que declarara Galiza como territorio libre de transxénicos como xa teñen feito noutros lugares como a Illa de Madeira, o goberno galego non acaba de adoptar unha postura clara, so o BNG se comprometeu a apoiar a PGA para loitar xuntos contra a proliferación deste produtos no noso territorio e con propostas como a prohibición dos alimentos modificados xeneticamente ou alimentados con penso transxénico, nos centros escolares, hospitalarios e outros servizos rexidos pola administración do noso país.

Entrevista a Francisco Díaz Fierros

Entrevistado por Belén Rodríguez

Páx. 36 - 38

Francisco Díaz-Fierros Viqueira é doutor en Farmacia e Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e da Sección de Física e Solo da Sociedade Española de Ciencia do Solo, e desde 1980 encabeza a Xunta rectora do Seminario de Estudos Galegos. Actualmente tamén é vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Recibiu varios premios pola súa contribución ao mundo das Ciencias e é autor dunha extensa lista de publicacións de carácter científico e cultural.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal