Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 31 - -

Inverno 2000

CERNA Nº 31 - -

Artigos da revista CERNA Nº 31

Plano hidrolóxico de Galiza - Costa: 24 encoros máis

Xosé Veiras García

Páx. 31-32

As bacías de Galiza - Costa son as situadas integramente en territorio galego. O Plano Hidrolóxico (PH) destas bacías, recentemente aprobado pola Xunta, propón construir 24 encoros até o ano 2017. O primeiro xa está en construcción, pois é o de Caldas, no río Umia. O PH de Galiza - Costa, elaborado pola Consellería de Política Territorial, é fundamental un catálogo de obra públicas, polo que non obedece a unha concepción moderna da xestión da auga.

Elementos ecolóxicos na obra do "Irmán Daniel" (II)

Emilio Xosé Ínsua

Páx. 33-35

Castelao é, xunto con Risco e Otero Pedraio, un dos escritores decisivos na renovación e afianzamento definitivo, no primeiro cuartel do século XX, dun xénero literário, a prosa narrativa.

O pobo é quen máis ordea

Xosé Veiras García

Páx. 36-37

Río Grande do Sul (RS) é un dos 26 estados brasileiros, un dos brasís que conforman a plural, fascinante e mal coñecida nación brasileira. Os seus dez millóns de habitantes, chamados gaúch@s, son descendentes de inmigrantes procedentes de numerosos países, especialmente da Alemaña e da Italia. Nos séculos XVII e XVIII, no actual RS, os xesuítas constituíron a "República Guaraní", moi avanzada para a época e obxecto da atención de pensadores como Voltaire. Hoxe, as experiencias de democracia participativa promovidas no RS son observadas en todo o mundo. Como afirma Ignacio Ramonet, director de Le Monde Diplomatique, "son iniciativas que, modestamente, mostran que outro mundo é posíblel."

A ruta das Chouzas

Xosé Manuel López Gallego

Páx. 38-40

Pequeno roteiro que se atiopa apenas a dez quilómetros da cidade de Lugo, con fáciles comunicacións, o que o converte nunha excelente actividade para xente con pouco tempo dispoñible.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal