Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 33 - -
Páx. 19-21
As hormonas sexuais e os seus receptores son filoxenéticamente e atópanse en moitas especies tanto de vertebrados como de invertebrados. A posible alteración dos sistemas hormonais a causa de cambios ambientais e os cambios na saúde reproductora e a fecundidade que levan aparellados convertéronse nun dos maiores tópicos da toxicoloxía ambiental e a medicina dende mediados da década nos noventa. Ademais, centraron poderosamente a atención dos medios de comunicación, as organizacións non gubernamentais e os gobernos debido ó crecente interese que espertan os estudos experimentais e epidemiolóxicos desenvolvidos tanto sobre animais como sobre humanos.
Páx. 22-24
O excesivo protagonismo do automóbil privado no sistema de transporte urbano é a principal causa da degradación da calidade de vida nas cidades e vilas. A nosa sociedade sobrevalora as vantaxes do automóbil e infravalora os seus custos ambientais, sociais e económicos. Combater a cultura do autómobil, estimulada polos sectores económicos que dela se benefician, é necesario para tornarmos os nosos pobos máis humanos e saudábeis. Os coches son a maior fonde de contaminación acústica e atmosférica, provocan numerosos accidentes e deterioran enormemente a convivencialidade e a sociabilidade do espazo público. O doutor Carlos Dora, do Centro Europeo para o Ambiente e a Saúde da Organización Mundial da Saúde (OMS), opina que "estamos pagando un prezo enorme polo excesivo transporte por estrada: co noso diñeiro e coa nosa saúde".
Páx. 25
Os cidadáns debemos tomar conciencia de que estamos ante unha grave epidemia e que non valen parches ante unha situación que pode ser de metástase. É imprescindible esixir a priorización do transporte colectivo que fai posible unhas cidades máis peonais, máis humanas, máis saudables, e con mellor calidade de vida en definitiva.
Páx. 26-27
Se facemos contas, podemos comprobar facilmente que o transporte en carro particular custa entre tres e catro veces máis que en transporte público, pero o certo é que nos afixemos a comtabilizar como custo do autocarro so ó combustíbel. Cando podemos elixir, perguntámonos: qué custa máis, o billete de tren (ou de autobús) ou a gasolina. Razonando asi, seguimos os dictados do sector automobilístico, interesado que non percibamos mais que esa quinta parte dos custos directos de manter un automóbil. Pero se pensamos no meio ambiente, a conclusión e máis preocupante: os custos externos non contabilizados do carro particular superan os xa elevados custos directos, e estamolos a cargar na conta das xeracións futuras.
Páx. 28-29
O 22 de Setembro de cada ano ven-se celebrando en diferentes cidades europeas o día de A Cidade Sen o Meu Coche, na Galiza, todas as cidades agás Ourense, xuntamente coa vila de Ortigueira, sumarán-se este ano á dita celebración, para o cal veñen traballando dende hai meses. Asimesmo, nalgunhas destas cidades realizarán-se medidas dos resultados, en canto a reducións na contaminación e no ruído. O ano pasado participaron só tres cidades galegas: A Coruña, Lugo e Pontevedra. Cerna puxo-se en contacto con estes concellos, para termos unha avaliación desa xornada e dos enfoques que lle van dar este ano. Entrevistamos ás personas responsábeis das respectivas concelleiras de Medio Ambiente.
Páx. 31-32
Coñecido co nome común de piñeiro bravo ou piñeiro do país, tamén recebe os nomes comerciais de piñeiro galego, piñeiro negral e piñeiro das Landas. O piñeiro bravo é unha árbore de gran importancia ecolóxica e económica no noso país. Ten importancia o seu papel reconstructor e protector de ecosistemas, a súa madeira como materia prima e tamén o papel de elemento xerador de rendas complementarias ás da agricultura e gandeiría para ós propietarios do medio rural galego.