Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 34 - -

Inverno 2002

CERNA Nº 34 - -

Artigos da revista CERNA Nº 34

Dossier: A contaminación electromagnética

Fins Eirexas

Páx. 21-27

A contaminación electromagnética xorde nos países industrializados como consecuéncia do uso cada vez maior de aparellos e instalacións rádio-eléctricas. A proliferación incontrolada destes elementos, própios da sociedade do consumo e da información, fai que estexamos baixo a constante influéncia de campos eléctricos e radiacións electro-magnéticas, que contribúen á deterioración da nosa cualidade de vida.

Dossier: A contaminación electromagnética

Pedro Costa Morata

Páx. 28

Artigo do Dossier que recolle unha mirada crítica sobre como afectan os campos electromagnéticos a saúde e os comezos de aplicarse unha normativa de protección sanitaria fronte as emisións electromagnéticas.

As aves nidificantes ameazadas da Galiza

Xabier Vázquez Pumariño

Páx. 29-32

As aves son chamativas e o seu estudio e a observación é relativamente fácil. Son unha magnífica porta de entrada á natureza, o que equivale a dicir, en certo modo, que son uns excelentes indicadores ambientais: permítennos detectar cambios ambientais e avalialos de xeito sinxelo, rápido e eficaz. Existen miles de exemplos ó respecto, un moi coñecido é a sensibilidade dos falcóns peregríns (Falco peregrinus) a determinados pesticidas. De aí que o coñecemento do estado das poboacións das aves teña unha trascendencia que supera con moito o mero interese por preservar unha serie de especies. Moitas especies de aves nidificantes na nosa terra áchanse nunha situación delicada e algunhas mesmo poderían extinguirse a curto prazo.

A leña e o uso non sustentable do bosque

Ramsés Pérez

Páx. 33-34

Entre muitas funcións do bosque dende sempre destacou a de seren o celeiro onde recoller a leña necesária para facer o xantar ou quecer-se no inverno. Perante a actual situación de crise enerxética, a leña poderia-se converter nun combustíbel alternativo aos combustíbeis fóseis. É un recurso renovábel e poderia contribuir á limpeza e aclarado dos nosos montes, asi como ser unha fonte de traballo e riqueza para o rural. Perguntar-se de onde procede a leña e como se cortou, son algunhas cuestións a responder para que os bosques que nos quedan non se nos vaian das mans ou pola cheminea.

Elementos ecolóxicos na obra do "Irmán Daniel" (V)

Emílio Xosé Insua

Páx. 35-37

Proseguimos a nosa incursión polos textos de Castelao á procura de elementos relacionados coa natureza ou que amosen unha sensibilidade ecoloxista "avant la lettre". Nesta penúltima entrega detemo-nos no "Libro Segundo" e "Libro Terceiro" do Sempre en Galiza.

Pontevedra: Recuperar a cidade

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Páx. 38-39

A primacia indiscriminada do transporte motorizado individual foi degradando paulatinamente as cidades, deshumanizando-as, dificultando a ocupación social dos espazos públicos. Hoxe está claro para urbanistas e sociológos que, ou as cidades recuperan a sua función primixénia de vida social, de convivéncia e de actividade económica, recuperando a calidade urbana, ou a sua deterioración será cada vez máis galopante, facendo entrar en crise e fracasar o mesmo conceito de cidade. Cidades e vilas deben encetar, con urxéncia e partindo das suas condicións específicas, o camiño da sua recuperación. Pontevedra comezou ese camiño con decisión e xa é unha referéncia positiva no noso país.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal