Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 35 - -

Primaveira 2002

CERNA Nº 35 - -

Artigos da revista CERNA Nº 35

A destrucción do patrimonio ecolóxico da Ría de Ferrol

Prof. Dr. Francisco J. Cristobo

Páx. 8-12

A Ría de Ferrol alberga unha elevada diversidade biolóxica. Proba diso é que se teñan descoberto nela nada menos que 18 especies novas para a ciencia, o que non ten acontecido en ningunha outra ría galega. A riqueza ecolóxica da ría ferrolá está a perderese por causa das mútliples agresións (contaminación, recheos,...). A máis recente é a construcción do novo porto de Ferrol na área de maior biodiversidade da río, zona excluída da proposta para a Rede Natura 2000 pola Consellería de Medio Ambiente para facilitar a construcción do porto. O xefe da estación de bioloxía mariña da Graña denuncia neste artigo o gravísimo impacto ambiental negativo do porto exterior de Ferrol e a progresiva deteriorización dunha ría particularmente maltratada da que viven moitas familias.

Unha perspectiva ambiental da PAC

Santiago Bobo Mariño

Páx. 13-15

A Política Agraria Común (PAC) adoeceu até hoxe en día dunha dobre miopía: co medio natural e coa calidade dos alimentos, derivadas da adopción dunha tecnoloxía enerxeticamente ineficiente, da aplicación masiva de agroquímicos, e da decisión de favorecer a cantidade fronte á calidade. A PAC reformada de 1992 segue a ser unha política de prezos e mercados. Por máis que trate de ser unha política da paisaxe, continúa lonxe de ser unha política con obxetivos ambientais claros. Segue a incentivar as tecnoloxías productivas intensivas para despois tratar de paliar os efectos da concentración territorial e a intensificación con medidas complementarias. Dentro das reformas en marchas, as medidas agroambientais fican relagadas ao voluntarismo.

O freixo como madeira de calidade

Xacobe Feijoo Lamas

Páx. 16-17

O freixo é unha árbore autóctona marxinada pola política forestal autonómica que posúe unha madeira moi aprezada no mercado polas súas excelentes cualidades tecnolóxicas. Pódese plantar nas beiras dos ríos e nas valgadas profundas e húmidas. Se se planta de forma espallada ou se demouca (córtase periodicamente a 2-3m de altura), dá lugar a devesas ("dehesas") onde é posíbel un interesante aproveitamento mixto gando-madeira. Éste é un uso tradicional en zonas como León que resulta acorde coa tendencia a extensificar a gandería.

Pesca deportiva e ecolóxica

Alberte Sánchez Regueiro

Páx. 18

No momento actual existe unha crecente sensibilidade cara o meio que nos rodea. O cidadán, sexa ecoloxista ou non, estase a dar conta de que os recursos naturais non son inesgotabeis, de que o contorno e o ecosistema vanse deteriorando paulatinamente sen que individualmente se poida realizar ningunha acción directa para evitalo, aínda que algunhas accións axuden a correxilo.

O Monte do Pindo

Francisco X. Fernández Naval

Páx. 19-21

Non é posible, neste espacio, afondar nos valores patrimoniais, históricos, paisaxísticos, naturais ou emocionais que alberga este enorme macizo de rocha que se ilumina co crepúsculo e que a xente denomina O Pedregal, este labirinto que engana a quen o contempla de lonxe, ofrecéndoselle como unha masa de pedra sen fisuras, monótonoa e inaccesible e que semella non albergar máis vida que as fendas sombrizas e o aire que o acolle.

Recolla selectiva e reciclaxe do lixo na Galiza

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 22-24

Nas principais cidades galegas, a recolla selectiva de vidro situa-se na faixa do 15 ao 25%, e a de papel na do 10 ao 15%, seguida do 2-7% en envases de metal, plásticos e bricks, en cifras no ano 2001. Tomando como base a totalidade do lixo, ningunha cidade supera o 5% de reciclaxe por recolla selectiva directa. Os resultados da planta de Nostián en A Coruña aínda non son coñecidos, pero cabe confiar en que cara ao final do ano eleven a porcentaxe de reciclaxe nesta bisbarra ao contorno do 50%, dez veces máis do que Sogama ten acadado hoxe. Os concellos que participan en Sogama dificilmente superarán a cifra do 5-10% de reciclaxe se non optan por plantas própias de compostaxe.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal