Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Inverno 2003

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Artigos da revista CERNA Nº 37

Pesca sustentábel

Raúl García

Páx. 61-63

Tras anos intentando mudar as políticas pesqueiras europeas, presentouse en Maio o primeiro informe para unha nova política reguladora. a súa campaña pola reforma radical da PCP, recibiu o apoio de ADEGA, FEG E OEA. As propostas do comisario de pesca, espertaron un forte rexeitamento nalgúns países, entre eles Galiza, ao consideralas excesivas e conservacionistas. Facemos memoria e aportamos ideas.

Johanesburgo e desenvolvemento sustentábel

Xosé Veiras

Páx. 64-65

No pasado Cumio sobre o desenvolvemento sostible, trataronse diferentes acordos para a mellora medioambiental. Máis como era previsto, non son suficientes. A lóxica da globalización neoliberal, xeradora de destrución ambiental e de desigualdade social, impúxose á lóxica do desenvolvemento sostible. Sen embargo aínda que o cumio constituíu un claro fracaso no seu conxunto, ofreceu algúns resultados positivos.

O despertar para a realidade

Susana Fonseca

Páx. 66-68

uercus , a principal asociación ambientalista portuguesa, estivo presente tanto no cumio oficial de Johanesburgo como no forum global de sociedade civil, celebrado paralelamente. Unha compañeira do grupo de traballo Río + 10 da Quercus, integrante da delegación que enviou esta asociación a Johanesburgo, exponnos neste artigo a súa visión do acontecido na cidade sudafricana.

O convenio de Aarhus

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 69

Acceso á información, participación pública na toma de decisións e acceso á xustiza: tres piares para unha democracia ambiental. Analizamos o convenio Aarhus.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal