Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Inverno 2003

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Artigos da revista CERNA Nº 37

Dossier a Marea Negra: Derivazóns Económicas, O exemplo do Aegean Sea

Xoán Ramón Doldán García

Páx. 47-49

A marea negra do petroleiro Prestige está a provocar unha situazón catastrófica desde o ponto de vista ambiental. Estase a ver afectado a práctica totalidade do litoral galego, con zonas de importantísimo valor ecolóxico, na súa maior parte protexidas e catalogadas polo seu interese ambiental, paisaxístico e faunístico. O litoral afectado posúe, ademais, unha extraordinaria riqueza en especies de peixes, moluscos, e crustáceos mariñós, moitos deles de grande valor no mercado do consumo humano. Se isto non resultase suficiente, o fuel vertido apresenta unha capacidade contaminante enorme e, doutra parte, o litoral galego ten sofrido múltiples agresións de todo tipo, entre elas catástrofes semellantes que fan que os efeitos actuais sexan ainda peores sobre o medio agredido e non recuperado.

Dossier a Marea Negra: ¿Cánto debe pagar o que contamina?

María Xosé Vázquez Rodríguez e Albino Prada Blanco

Páx. 50-51

Artigo que reflexa a importancia das consecuencias económicas da contaminación do Prestige nas costas galegas.

Dossier a Marea Negra: Reflexión dun educador ambiental sobre o Prestige

Pablo Ángel Meira Cartea

Páx. 52-53

Pode parecer que as relacións entre os "incidentes" como provocado polo Prestige e a EA son máis diferidas e distantes do que realmente son. Naturalmente, trátase dunha manifestación "localizada" dunha problemática moito máis ampla que adoitamos identificar como crise ambiental e que non é máis que a arritmia cada vez máis evidente entre os procesos socieconómicos que se supón que garanten o noso benestar e os procesos ecolóxicos indispensables para que ese benestar sexa posible.

Dossier a Marea Negra: Unha ondada de creatividade para denunciar a catástrofe

Rosa Aneiros

Páx. 54-57

Artigo que reflexa a creación da Plataforma Contra a Burla Negra iniciativa resultante do mundo da cultura que pretende denunciar a actuación das autoridades no desastre ecolóxico do petroleiro Prestige.

Dossier a Marea Negra: A "mancha" política

Vanessa Ribeiro Rodrigues

Páx. 58-59

Artigo de opinión sobre a actuación política no caso do petroleiro Prestige.

Contra Dossier a Marea Negra

Emilio Xosé Ínsua

Páx. 60

Nunca Máis (Crónica Alternativa)

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal