Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Inverno 2003

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Artigos da revista CERNA Nº 37

Dossier a Marea Negra: Afeccións ás aves mariñas na costa galega

Amadeo A. Pombo Eirín

Páx. 32-33

O impacto do derrame do petroleiro Prestige nas costas galegas tivo un impacto nos organismos da liña costeira sobre todo nas aves mariñas. As aves mariñas contaminadas ven fortemente diminuídas as súas capacidades vitais.

Dossier a Marea Negra: Efectos sobre as pesquerías na Galiza

Grupo de Pesquerías, IIMM-CSIC, Vigo

Páx. 34-36

As especies obxecto de explotación veranse afectadas dun modo máis ou menos directo como consecuencia da contaminación por hidrocarburos. Existen numerosos exemplos de interaccións entre derivados do petróleo e especies explotadas. Descríbironse cambios no comportamento de crustáceos e alteracións reproductivas e inmunitarias en peixes mediante experimentos de laboratorio. No medio natural observáronse mortandades en adultos e larvas, así como malformacións ou cambios no comportamento en larvas. O deficiente estado de saúde dalgunhas das poboacións explotadas será un agravante para a súa recuperación.

Dossier a Marea Negra:Efectos nos organismos bentónicos

Mª Celia Besteiro Rodríguez

Páx. 37-41

Neste traballo analízanse os efectos dunha marea negra sobre os animais dos fondos mariños, diferenciando entre a macrofauna e a meiofauna. En cada caso preséntanse as conclusións dalgúns estudos relativos a importantes accidente, tais como os causados polos buques Torrey Canyon, Amoco Cádiz, Exxon Valdez, Monte Urquiola e Aegean Sea, estes dous últimos ocorridos nas costas galegas. A autora indica que nas latitudes templadas, os procesos de recuperacións poden prolongarse por máis de dez anos.

Dossier a Marea Negra: Impacto nos cetáceos e tartarugas mariñas

Alfredo López, CEMMA

Páx. 42

En Galicia rexistráronse nos últimos anos 19 especies de cetáceos, 4 de tartarugas mariñas e 3 de focas, sendo a área costeira con maior diversidade de mamíferos e tartarugas mariñas do sur de Europa, despois da costa de Canarias. O verquido accidental do Prestige ocasionou unha marea negra de grandes dimensións, véndose afectadas algunhas especies dunha maneira inmediata, nunha primeira fase, e dunha maneira indirecta, nunha segunda, a través da bioacumulación.

Dossier a Marea Negra: O verquido do Prestige afecta tamén ás lontras

Rafael J. Romero Suances

Páx. 43

Galicia, coa súa densa rede fluvial, é o principal baluarte da lontra (Lutra Lutra) non só na Península Ibérica, xunto con Portugal, Asturias e Estremadura, senón tamén en Europa occidental, xunto Irlanda e Escocia. Ademais de nos ríos, a lontra está tamén presente no litoral, ocupando perto do 90% da costa galega. Xa que logo, tamén se están a ver prexudicadas de forma directa e indirecta, pola marea negra do Prestige.

Dossier a Marea Negra: Impacto sobre a vexetación

Javier Cremades e Santiago Ortiz

Páx. 44-46

A chegada dun vertido tóxico á costa vai afectar a todos aqueles seres vivos que nela se achen. Isto é obvio, pero non todos eles se van ver agredidos das mesma forma ou coa mema intensidade, As algas son, en xeral, pouco sensibeís á contaminación por hidrocarburos, e recolonizan ás áreas nas que desaparecen con relativa facilidade. As comunidades de plantas vasculares máis afectadas pola marea negra son as propias dos cantís, especialmente as dominadas polo pirixil das praias (Crithimum maritimum) e a herba de namorar (Armeria pubigeria). Especies de interese especial que viven nas praias estanse a ver prexudicadas tanto pola marea negra como pola realización inadecuada de traballos de recolla de fuel e pola afluencia masiva e incontrolada de xente ás praias.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal