Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 65 - Os ríos:...

Outono 2011

CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar

Artigos da revista CERNA Nº 65

Especies bioindicadoras, mensaxeiras da natureza

Ramsés Pérez

Páx. 42-43

O contorno máis inmediato envíanos continuamente mensaxes sobre o seu estado, pero poucas veces somos quen de interpretalas. A natureza contén numerosas especies e comunidades de seres vivos que nos dan boa información da súa saúde. Neste artigo imos tratar sobre algunhas destas especies que os especialistas chaman “bioindicadoras”

O consumo de roupa sen fíos na lingua. Qué poño hoxe?

Mª Xosé Castro

Páx. 45-47

O feito de vestir non é so unha necesidade básica. Alén de ser a maneira de facer fronte ás inclemencias metereolóxicas, é unha manifestación cultural, social, de clase ou relixiosa. Acompañando os nosos xestos e miradas, estamos a comunicarnos co noso contorno a través da roupa que levamos posta. As modas marcaron as épocas e os estilos, a pesares de que ás veces sexan cíclicas e o que se levou noutrora pode volver a estar de actualidade nas rúas. Neste artigo afondaremos no xeito en que a procura da nosa elegancia non implique deixar espida unha parte do planeta. Achegámonos ao consumo responsábel da roupa.

Drama na Eira da Xoana

Xosé Salvadores

Páx. 48

No mes de xullo andei na Eira da Xoana e presenciei un feito no camiño que le va o coto. Quen protagonizou este feito, tan natural , foi a Ammophila Sabulosa, unha avespa moi distinguida que non é infrecuente e que para reproducirse parasita vermes. O que lle pasa ao verme cando a larva famenta da Ammophila empece a saír do ovo, é mellor non pensalo, e limitarnos a recordar que a natureza dispón de mecanismos para evitar sufrimentos, como o de privar de consciencia a vítimas.

A Nébeda

Marga Miguens e Mª Xosé Castro

Páx. 49

En Galiza polo que máis se coñece a nébeda é pola súa boa relación coas castañas. Resulta común preparar este froito do outono cocido cunhas ramiñas de nébeda que lle poñen gusto e aroma as raíñas dos soutos. En tempos no que todo era ben aproveitado, dise que a auga sobrante deste proceso culinario se empregaba para amolecer os callos dos pés con moi bos e suaves resultados

Cordyceps militaris: fungo protector dos piñeiros

Cristovo Ruiz Leivas

Páx. 50

Non é doado de atopar. A pesar da súa fermosa e viva cor laranxa pasa desapercibido polo seu pequeno tamaño e por mor das fumigacións masivas dos piñeirais contra a Thaumetopoea pytiocampa, máis coñecuda como a eiruga procesionaria do piñeiro. Cordyceps militaris é un fungo ascomicete con forma de maza ou misto (aínda que ás veces pódese ramificar un pouco), de cor vermello alaranxado, que mide de 2 a 5 cm e frutifica desde finais de outono a principios do inverno.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal