Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 65 - Os ríos:...

Outono 2011

CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar

Artigos da revista CERNA Nº 65

Barreiros, mal referente para outros concellos

Froilán Pallín Seco

Páx. 32-33

En xuño, ADEGA presentou ante o ministerio fiscal unha denuncia penal contra o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, por presunto delito de prevaricación urbanística, desacato ao poder xudicial, contra a Facenda Pública e por desviación de poder. O motivo foi a aprobación polo Consello da Xunta do Plano Sectorial de Barreiros, a través do cal se pretende legalizar as licenzas outorgadas polo alcalde popular, Afonso Fuente Parga, en 2006 e que foran recorridas pola anterior Xunta por ser outorgadas en solos urbanos non consolidados ou que non contaban con servizos mínimos obrigados.

Territorio: propiedade e servizos

Emilio Carral

Páx. 34-35

“É obrigatorio acadar un acordo polo cal a propiedade privada, non mingüe ou estrague os dereitos colectivos de dispormos dos servizos ecolóxicos, dependentes dunha xestión integrada do territorio”. Tendo presente toda a información científico – técnica desenvolvida nas últimas décadas, hoxe en día faise necesario ter unha perspectiva global e integrada da xestión do territorio.

A explotación da pizarra en Galiza e os seus impactos ambientais

Dr. Francisco Gutiérrez

Páx. 36-37

Galiza é a primeira potencia mundial en producción e exportación de lousa. A explotación deste recurso leva asociada unha problemática ambiental moi específica e característica. O desproporcionado desenvolvemento do sector, a falta de criterios racionais no deseño e planificación das explotacións, unido á inexistencia de previsión ou planificación ambiental provocou que herdaramos unha complexa e problemática situación, non só ambiental e mineira, senón tamén social e económica. O estudo da explotación da lousa en Galiza dá como resultado que a situación ambiental destes coutos mineiros é irreversíbel, que non é posíbel a súa restaauración e que é inviábel economicamente a súa recuperación ou rehabilitación. É preciso, pois, un cambio de modelo na explotación das louseiras en Galiza, que se especifica neste artigo.

A Cementeira Cosmos, incineración tamén no Bierzo (Crónica dunha loita gañada)

Luís Fernández Canedo

Páx. 38

En xaneiro de 2007 faise pública a Autorización Ambiental a Cementos Cosmos, para utilizar como combustíbel alternativo nos fornos da fábrica de Toral de los Vados, os seguintes refugallos: pneumáticos, fariñas e graxas animais, lodos de depuradora, plástico e biomasa. Ecoloxista en acción da provincia de León presentou alegacións ao proxecto ante o Servizo Territorial de Medio Ambiente da Xunta de Castela e León, e en abril dese mesmo ano organizou unha charla no salón de actos de Caixa España para informar dos perigos que o proxecto crearía para a saúde, o medio ambiente e a economía da comarca, e ponse en marcha a recollida de sinaturas contra o proxecto.

Longa ruta de pedra (e de auga)

CES

Páx. 39

Algo así podría exclamar Celso Emilio Ferreiro ao visitar a Ruta de Pedra e da Auga, descrita na edición 64 de CERNA (primavera deste ano), na que se ve ao Presidente da Deputación de Pontevedra e ao alcalde de Cambados, xunto con centos de persoas, nunha desas multitudinarias excursións que tanto gustan a boa parte dos nosos próceres. A ruta, que discorre a carón do río Armenteira (afluente do Umia) entre Ribadumia e Meis, foi “rehabilitada” desafortunadamente pola Deputación de Pontevedra, como quere deixar patente a través deste artigo o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES).

Monte Cabalar: A xestión da biomasa con gando caprino e equino

Fuco Xavier Barreiro

Páx. 40-41

O abandono contemporáneo do rural, como consecuencia do modelo de crecemento adoptado, retirou do medio o xestor fundamental -a poboación- provocando o colapso e a aparición de novos xestores, como o lume, ben como doutros desequilibrios igualmente graves (comercio mundial de alimentos, sobreexplotación, desertización, cambio climático, crise, etc.) que cuestionan o modelo actual de crecemento por asimétrica e insostíbel. O progreso e evolución futura dependerá da capacidad de recuperar o equilibrio entre xeración de recursos, aproveitamento e poboación.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal