Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 39 - -

Verán 2003

CERNA Nº 39 - -

Artigos da revista CERNA Nº 39

Economía e medio ambiente

ADEGA - Cadernos nº8

Páx. 18

ADEGA ven de publicar no nº 8 da serie "ADEGA - Cadernos" a monografía "ECONOMÍA E MEDIO AMBIENTE", da que son autores María Xosé Vázquez Rodríguez e Xavier Labandeira Villot, ambos profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Segundo os autores, "as bases da economía ambiental descansan na importancia de analizar as causas e as implicacións económicas da degradación ambiental, e a necesidade de deseñar incentivos económicos para frear este proceso, baixo a premisa de que o medio ambiente e a economía non se poden contemplar separadamente, pois cambios nun deles afectan inexorablemente ao outro.

Ler

Avanzamos na reciclaxe e compostaxe?

Xan Duro

Páx. 20

O pasado 22 de Xuño, nun pleno celebrado en Raxoi, o PSOE, co apoio do PP, decidiu frear o acordo acadado en Abril para o tratamento dos residuos urbanos do Concello no Complexo Madioambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) e Asimilables da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, integrada por Brión, Lousame, Muros, Noia e Porto do Son, e reestudar a súa viabilidade económica.

Semáforos: ou como perxudicar aos viandantes

Colectivo EIXO

Páx. 21

Os semáforos: cada día máis do lado do coche e máis en contra do peón. O colectivo peonil e ciclista Eixo ven de facer público un informe no que se pon de manifesto a discriminación que sofren as camiñantes con respecto ao tráfico rodado na cidade da Coruña. Os tempos en verde para os peóns non son suficientes e, mentres os coches apenas agardan, a espera para os peóns é na maioría dos casos excesiva. O número de peóns agardando tamén supera o número de vehículos que esperan.

A Ulloa ameazada

Braulio Vilariño, Xesús Perreiras

Páx. 22-23

A Ulloa, comarca constituída polos concellos de Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, está moi ben definida xeograficamente, xa que se corresponde coa parte alta da bacía do Ulla e está limitada por montañas en todo o seu contorno, menos polo Oeste por onde se abre paso o Ulla. Se ben as ampliacións das pradarías a partires dos anos 70, á costa en moitos casos de terreos arborados, e a tala lenta mais continua que na actualidade se está a facer das árbores autóctonas, están a reducir a extensión deste bosque, aínda é posíbel desfrutar dunha paisaxe onde as chousas de carballos, os soutos, os bidueirais, son as protagonistas.

Pequenos cetáceos da plataforma galaica

Cerna/xvp

Páx. 24-26

Alfredo López Fernández, presidente da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) ven de defender a súa Tese Doutoral que leva por título "Estatus dos pequenos cetáceos da plataforma de Galiza", realizada baixo a dirección dos Doutores D. Ángel Guerra, do Insituto de Investigacións Mariñas do CSIC e Graham Pierce do Departamento de Zooloxía da Universidade escocesa de Aberdeen. Esta Tese supón, sen dúbida, un gran avance no coñecemento da situación dos mamíferos mariños no litoral galego con importantes implicacións de cara a súa conservación. Afondaremos nalgunha das súas conclusións máis interesantes neste resumo elaborado por Cerna.

O monte é vida, o lume morte

Xosé Santos Otero

Páx. 27-30

O fenómeno dos incendios forestais converteuse en Galiza, debido á súa elevada frecuencia, intensidade e superficie afectada, nun dos maiores problemas ecolóxicos que sofren os nosos bosques, plantacións forestais e montes. Sen ningunha dúbida, trátase do maior factor de destrución da cobertura vexetal na nosa terra. Un dos retos medioambientais de Galiza para o século XXI é eliminar o problema dos incendios forestais, tanto pola súa incidencia medioambiental como pola destrución dun sector estratéxico para o conxunto do país.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal