Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 41 - Especial:...

Primavera 2004

CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo

Artigos da revista CERNA Nº 41

Daniel López Vispo

CERNA

Páx. 17

Daniel leva máis dunha década traballando sen descanso no ecoloxismo galego. O seu contacto con ADEGA ven de comezos dos pasados anos 90, ao implicarse na resposta veciñal e ecoloxista a diversas agresións ambientais, salientando as loitas contra o encoro de Navia, polo saneamento no Miño e a calidade da auga potábel en Lugo, ou contra o paso da Autovía do Noroeste polo Val do Neira. Xunto con outras persoas, impulsou á organización e o medre de ADEGA en Lugo, foi secretario xeral de ADEGA (1999 -2002) e actualmente é Vicepresidente.

O mago Antón

Rosa Aneiros

Páx. 18-19

O Mago Antón di que non sabería escoller entre Merlín ou Harry Potter. Asegura que serái como escoller entre un pai e un fillo, polo que ficaría coa experiencia do mindoniense e coa frescura de inglés. Coa tradición pero tamén coa innovación ás costas, o Mago Antón trae ilusión e alegría a todos os públicos que se deixan enguedellar polo meigallo da maxia. Velaquí os efectos para conseguirmos un mundo máis ecolóxico. Advertencia: esta entrevista está inzada de efectos, pero non vou ser eu quen os revele. Todo é cuestión de abrir ben os ollos. E abonda con soñar.

Merca produtos ecolóxicos na Coruña

ADEGA - A Coruña

Páx. 20-21

Continuando coa reportaxe do anterior número de Cerna, incluimos desta vez a información doutra tenda, Daldea Pousadoira, aberta recentemente. A tenda forma parte dun proxecto máis amplo de produción propia de agricultura ecolóxica. Os donos tamén contan desde hai anos cunha casa de turismo rural, na que xa ofrecían os seus produtos de agrcultura ecolóxica. Daldea Pousadoira lava aberta an cidade de A Coruña desde o mes de Decembro do 2003. Pero antes veremos brevemente como recoñecer estes produtos.

A Ulloa: a loita contra os encoros

Xesús Pereiras, Xan Louzao, Xosé A. Rodríguez

Páx. 24-25

Diferentes organizacións estanse á mobilizar no cernde de Galiza para salvar o espazo fluvial máis singular de toda a bacía alta do Ulla: as Torrentes de Mácara ou de Ramil, situadas entre os concellos de Palas, Antas e a Golada. Nun tramo de perto de tres quilómetros o río salva un desnivel duns 100 metros de altitude cunha serie contínua de fervenzas e rápidos de enorme beleza e que deben ser dos máis longos do País. Máis nons e trata só do río, senón que a topografía fragosa e inacesíbel determinou un ecosistema de ribeira ben conservado, onde son protagonistas árbores que están aquí no seu limite ambiental coma os érbedos, freixos, amieiros, salgueiros...

Polas fervenzas do Ulla

Ramsés Pérez

Páx. 26-27

Este roteiro sitúase no centro de Galiza, na zona máis occidental da Comarca da Ulloa, País do Alto Ulla como a denominou Otero Pedrayo, conformada polos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. Os dous percorridos Ramil- Fradegas e Fradegas -Ramil que se describen aquí, xunto con outras variantes como Fradegas-Pambre, xa teñen dado a coñecer a centos de persoas este lugar único e irrepetíbel.

RUTO: Solucións ao transporte no rural

Miguel Pazos Otón

Páx. 28-29

ARTS é un proxecto de investigación do Quinto Porgrama Marco da Unión Europea, que trata de poñer en funcionamento novas e innovadoras formas de transporte rural en áreas de baixas densidades de poboación. Unha das experiencias, coordenada en Galicia pola Xunta de e a Universidade de Santiago , desenvolveuse no pasado ano 2003 con éxito na montaña ourensá, integrando os servizos de transporte escolar e regular de viaxeiros.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal