Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 41 - Especial:...

Primavera 2004

CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo

Artigos da revista CERNA Nº 41

Denuncia penal contra EXLABESA

Virginia Rodríguez

Páx. 10

O pasado día 5 de Febreiro, ADEGA presentou unha denuncia penal contra o grupo EXLABESA, polo carácter nocivo dos vertidos e o perigo de rotura das balsas nas que se almacenan os resíduos, na súa factoría de Rois (A Coruña). Pretende ser unha chamada de atención para outras empresas en situación semellante, e para as administracións públicas responsábeis de velaren polo correcto cumprimento da lexislación ambiental. O seu obxectivo é que o grupo EXLABESA sexa social e ambientalmente responsábel e legalice a súa situación, polo que non procura o peche nin a perda de postos de traballo. Neste sentido, xa deu lugar a un covenio asinado de asesoramento Científico-Técnico entre o FEUGA e o grupo EXLABESA.

A contaminación do carbón na Coruña

Ramón Muñiz

Páx. 11

Os veciños dos barrios aledaños ao porto da Coruña levaron durante tempo unha loita, paradigmática pola súa perseverancia, para rematar os problemas de contaminación que porducían as descargas de carbón a ceo aberto. Durante cinco meses, todos os xoves, un importante número de persoas afectadas manifestábanse de nove ás dez da noite no mirador dos Castros. Os resultados, agora, están á vista.

Educación Ambiental: en punto morto

Ramsés Pérez, Manolo Soto Castiñeira

Páx. 12

O que puido ser un punto de inflexión na educación ambiental no noso país, quedouse só nunha caricatura. O 9 de Novembro de 1999, aprobouse no Consello Galego de Medio Ambiente a Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA), sen ningún voto en contra pero coa abstención de ADEGA. Esta abstención foi explicada con precisión e resultou premonitora: criticábase a diverxencia entre documento teórico e a política ambiental da Xunta, e dubidábase da intención desta de levar á práctica os seus contidos e recomendacións. Catro anos despois, estas dúbidas parecen plenamente confirmadas.

Investindo en desenvolvemento sustentábel

Xan Duro

Páx. 13

O pasado mes de Marzo, a Oficina Europea de Medio Ambiente (EEB), a Confederación Europe de Sindicatos (CES) e a Plataforma de Organización Non - Gobernamentais Europea (Plataforma Social) presentaron diante do Cumio de Primavera do Consello de Xefes de Estado e de Goberno da UE, o Manifesto conxunto "Investindo en desenvolvemento sustentábel". Estas tres entidades veñen colaborando, partindo da premisa de que un verdadeiro desenvolvemento sustentábel ten que ter presentes non so as consecuencias ambientais das propostas senón tamén as súas vertentes sociais e laborais.

Asemblea Xeral de ADEGA

Xosé Veiras

Páx. 14

Lugo foi este ano o escenario elixido por ADEGA para celebrar durante os días 27 e 28 de Marzo a súa asemblea xeral anual. Na cidade das murallas aprobamos o novo programa de traballo e fixemos un balanzo do labor desenvolvido ao longo do último ano, no que se traballou arreo en relación coa catástrofe do Prestige, sen por iso descoidar outras áreas. Os asistentes á Asemblea puideron constatar importantes avanzos no fortalecemento organizativo da asociación, froito do compromiso de todos os activistas e socios e socias de ADEGA, que fan posíbel que a asociación sexa un instrumento cada vez máis forte e útil en defensa do ambiente e á favor da sustentabilidade.

Lino González - Dopeso

Lino é concelleiro con José López Orozco desde as eleccións municipais de Maio do 2003. Médico de profesión e moi querido polos seus pacientes, pola súa cordial e minuciosa maneira de practicar a medicina, mantén a súa afección polas motos e unha peculiar imaxe, semellante á dun mariñeiro, que o afasta do prototipo habitual de político. Segundo afirma, a súa preocupación polo medio ambiente só se ve superada polo espírito solidario, o que o leva a substituír as vacacións por traballo voluntario en países en vías de desenvolvemento. Como Concelleiro de Medio Ambiente, propúxose tres obxectivos principais para Lugo: "mellorar a calidade da auga potábel, mellorar o contorno da Muralla e as zonas verdes, e conseguir unha cidade máis limpa".

Páx. 16

CERNA

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal