Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 42 - -

Outono 2004

CERNA Nº 42 - -

Artigos da revista CERNA Nº 42

Prestige vinte meses despois

Martiño Nercellas Méndez

Páx. 30-31

O chapapote segue presente en numerosos lugares da costa, lonxe do que vimos nas imaxes que deron a volta ao mundo pero en cantidades que aínda supoñen un importante reservorio de contaminación e que debe ser retirado. A decisión política de por punto e final ás labores de limpeza e restauración en Setembro será un grave erro.

Recuperar a lagoa de Louro

Amanda del Río Murillo, Vanesa Sánchez Ortega

Páx. 32-33

O monte e a Lagoa de Louro (ou Xalfas) forman un espazo natural de singular valor localizado no Concello de Muros. Este Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) está integrado na Rede Natura 2000, unha rede de espazos para a conservación dos hábitats e especies máis relevantes da UE.

Novo pulso xudicial en Pontevedra

Antón Masa

Páx. 34-36

Desde que o Consello da Xunta de Galiza tomou a decisión de aprobar pola vía de "incidencia supramunicipal" o proxecto de instalación dunha papeleira de papel "tisú" no complexo industrial de ENCE - CaixaGalicia na enseada de Lourizán (Pontevedra), a loita contra a consolidación e ampliación do citado complexo -que é unha constante desde o mesmo momento en que chegou á ría alá polos anos 50- ten tomado un enorme protagonismo tanto na vida política como no eido xudicial na bisbarra Pontevedra.

Impostos ambientais

María Xosé Vázquez Rodríguez

Páx. 37-39

No pasado mes de Marzo unha sentenza do Tribunal Superior de Galiza, establecía que o Imposto sobre Contaminación Atmosférica (ICA) da Comunidade Autónoma Galega é legal e constitucional, en contra do recurso interposto polas empresas afectadas , que intentaban evadir de novo o pago baixo o argumento de insonstitucionalidade e discriminación respecto empresas similares ubicadas noutras comunidades autónomas do Estado.O presente informe intentará explicar brevemente en que consiste a imposición ambiental e, en concreto, os termos concretos de aplicación do ICA galego, aportando unha breve reflexión sobre o funcionamento desde instrumento económico é hora de mitigar o problema ambiental para o cal foi definido, as emisións causantes da choiva ácida.

Galiza arde

Xosé Veiras

Páx. 40-41

Un ano máis, Galiza volveu arder. Segundo a Consellería de Medio Ambiente, ate mediados de Agosto xa tiña habido 8.500 lumes forestais, cando a media anual está a ser duns 11.000. Os datos oficiais indicaban que a superficie queimada era de 29.000 hectáreas, mais a superficie real semella aínda maior, segundo denuncian axentes forestais. A visibilidade mediática dalgúns incendios fixo que un problema que segue a ser grave volvese ao centro da actualidade, polo menos durante algún tempo.

Tóxicos no fogar

Virginia Rodríguez, Ramsés Pérez

Páx. 43-44

Os produtos tóxicos e perigosos están cada vez máis presentes nas nosas vidas. O seu uso pode ter consecuencias graves para a nosa saúde e a contaminación do medio ambiente. É urxente saber recoñecelos, e reducir o seu uso ou como substituílos por produtos de gama ecolóxica ou de fabricación caseira. Ou autores danche aquí algunhas pistas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal