Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 43 - -

Inverno 2005

CERNA Nº 43 - -

Artigos da revista CERNA Nº 43

Carbón ou cambio climático?

Xosé Vieiras García

Páx. 32-34

A proposta do goberno central para o reparto dos dereitos gratuítos de emisión de dióxido de carbono, o principal gas causante do cambio climático, entre as industrias suxeitas á directivas europeas sobre o comercio de emisións desatou na Galiza a oposición da Xunta e dos principais sindicatos e forzas políticas. Ao seu xuízo, a proposta sería negativa para Galiza por penalizar as centrais térmicas de carbón. Comprobamos así, o inconscientes que son algúns compromisos co Procotolo de Quioto. Entre o carbón e a prevención do cambio climático hai quen prefire o primeiro, e non só ENDESA ou Unión Fenosa.

Futura térmica de gas natural nas Pontes

Guerrilleiros das Fragas

Páx. 35

O grupo ecoloxista "Guerrilleiros das Fragas" presentou alegacións ao proxecto de central de ciclo combinado das Pontes. A xuízo dos ecoloxistas das pontes, o proxecto, senón se modifica, sería unha ameaza para o contorno natural e a saúde dos ponteses e pontesas. ENDESA, pretende que esta nova central de 800 MW se sume á existente de carbón, que se reconvertería para queimar só carbón de importación.

Entrevista a Ramón Varela

Xosé Veiras

Páx. 36-37

Ramón Varela, doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid e presidente de ADEGA entre 1981 e 1996, den de publicar "Contaminación atmosférica en Galiza". Este libro, un inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro, acidificantes e dioxinas, mostra como as emisións contaminantes á atmosfera no noso país son moi elevadas, superiores ás que corresponderían ao noso nivel de industrialización e ao noso nivel de vida. Por exemplo, as emisións de dióxido de carbono por quilómetro cadrado duplican ás do conxunto do estado español. As centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama explican este proceso.

A hipótese Gaia e o quecemento global

Adela Figueroa Panisse

Páx. 38-39

Segundo declarou James Lovelock nunha entrevista concedida á BBC en Xuño de 2004, o cambio climático, a forma de aquecemento global do noso Planeta, está xa instalado entre nós. O Painel Internacional sobre a Mudanza Clima´tica, a autoridade científica mundial na materia, mostrou que, ao analisar un período que abarca os últimos mil anos, apenas durante os últimos 150 o padrón do clima mostra un repentino aquecemento. No día de hoxe o dano é tan serio que "mesmo deténdonosa queima dos combustíbeis fósiles o aquecemento aínda iría continuar por outros 50 anos", asegura Lovelock, quen defende o recurso á enerxía nuclear para previr o cambio climático.

Entrevista a Michael Meschik

Xan Duro

Páx. 40-42

Michael Meschik é Doutor Enxeñeiro e Profesor da Universität für Bodenkultur (Universidade de Ciencias da Terra) de Viena, Austria, concretamente no Institute for Transport Studies (BOKU-ITS). O obxecto das súas investigacións é a mobilidade e a súa relación co planeamento territorial. Unha destas liñas de investigación é a análise da bicicleta como modo de transporte urbano. Recentemente impartiu unah conferencia en Santiago de Compostela, coorganizada por ADEGA e o Departamento de Xeografía da Facultade de Historia da Universidade de Santiago. Aproveitamos a ocasión para conversar con el.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal