Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 43 - -

Inverno 2005

CERNA Nº 43 - -

Artigos da revista CERNA Nº 43

Desfeita ambiental no Morrazo

Luis Pérez González

Páx. 18-20

Analizamos a desfeita ambiental no Morrazo tras as obras para a construcción da Vía Rápida, tras moitas loitas que resultaron inútiles para a súa paralización. Desde as peticións que obrigaron a xerar un Estudo do Impacto veraz, que deu conta dos 31 xacementos arqueolóxicos polos que pasaría a vía. Ate as alusións ás perdas en canto a valor patrimonial, cultural e hidrolóxico.

Manifesto científico: por outra política ambiental

Pedro de Llano, Eduardo García - Rodeja, Javier Guitián, Augusto Pérez, Victoriano Urgorri

Páx. 21

Desde diferentes campos de estudo e especialización, cinco catedráticos das Universidades Galegas coinciden nunha diagnose pesimista da situación ambiental de Galiza, e reclaman unha actuación sobre a totalidade da nosa comunidade autónoma que ordene a actividade urbanística, a política de industrialización e dotación de servizos, e defina criterios para a correcta protección do medio natural.

A xestión do lixo en Galiza

Manuel Soto, Isabel Ruíz

Páx. 24-25

O funcionamento e resultados dos planos de compostaxe e reciclaxe de Nostián e Barbanza foron analizados nunhas xornadas organizadas o pasado mes de Outubro pola Universidade da Coruña, contando coa colaboración de ADEGA e o CEIDA. Estes resultados deben ser decisivos para o debate e valorización do novo plano 2004-2010, presentado recentemente pola Consellería de Medio Ambiente.

Iniciativa Lexislativa Popular (ILP)

Manuel Soto, Alberte Sánchez

Páx. 26-27

Os ríos galegos atópanse hoxe en perigo. A alteración física, debida sobre todo ás presas hidroeléctricas, a perda e degradación dos hábitats, á invasión das zonas de inundación debido a todo tipo de construccións, á sobreecplotación piscícola, á contaminación e á introdución de especies alóctonas, son os factores que máis contribúen á diminución da súa biodivesidade. O salmón é un bo indicativo da perda de poboación nos nosos ríos: nos últimos 50 anos , as súas existencias reducíronse en máis dun 99%. Os recursos socio-culturais relacionados co medio fluvial corren a mesma sorte que os nosos ríos.

O río Miño en perigo

Anxo F. Saborido

Páx. 28-29

Cando fai uns anos se desbotou a construcción do Encoro de Sela polo seu forte impacto ambiental deixábase a porta aberta para a construcción dun novo aproveitamento hidroeléctrico. Prevese agora a construcción de 3 encoros duns 23 metros de alta cada un, cunha coroa que chega a superar os 300 metros de lonxitude, e que asolagarían uns 20km de río e inundarían máis de duascentas hectáreas de terreo. Na actualidade, a conca do Río Miño, incluíndo, pois, aos afluíntes, é a conca que conta coa máis elevada densidade de aproveitamentos hidroeléctricos do Estado Español, aparecendo un grande encoro ou outra presa menos cada 500km cadrados. A recén creada Plataforma Cívica pola Defensa do Río Miño tentará evitar que se constrúan os encoros novos, concienciando á poboación de que non son necesarios e que o interese colectivo debe primar sobre os intereses económicos duns poucos.

As pesqueiras do Miño

Alberte Reboreda

Páx. 30-31

As pesqueiras ou pescos son un tipo de construcción presente nos grandes ríos de Galiza (Tambre, Ulla, Miño...). A empresa Unión Fenosa, concesionaria de moitos dos encoros construídos no noso país desde a ditadura, anegou boa parte dos pescos situados no Tambre coa construción do encoro Barrié de la Maza. Así mesmo, unha de cada tres pesqueiras do Miño desapareceron para sempre pola construción dos encoros de Frieira, Castrelo do Miño, Velle, Os Peares e Belesar. A construcción de tres novas presas no Baixo Miño traería consigo o asolagamento e destrución dun patrimonio natural e cultural dun valor excepcional. As pesqueiras, pezas clave deste patrimonio tamén se verían afectadas gravemente.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal