Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 48 - Touriñán

Xuño 2006

CERNA Nº 48 - Touriñán

Artigos da revista CERNA Nº 48

Depuración natural de augas residuais

Manuel Soto, Pilar Barros, Virxínia Rodríguez

Páx. 12-16

Galiza sofre un considerábel atraso en tratamento de augas residuais. Contamos cun gran número de Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR), mais un gran número das mesmas non funciona dun xeito adecuado ou teñen unha capacidade insuficiente. Todo isto da lugar a que a porcentaxe de residuos e vertidos sen depurar ou cunha depuración deficiente sexa moi elevada. Así, cada día aumenta a contaminación nos nosos ríos e mares, afirmando o feito de que o modelo actual non é sustentábel, desde as dúas perspectivas: ambiental e económica. Polo que é necesario promover sistemas máis sinxelos, naturais e de baixo custe.

XXXI Asemblea Xeral de ADEGA: A Rede Natura coma prioridade

Editorial

Páx. 18

Na última asemblea ADEGA sinalou a defensa da Rede Natura coma prioridade reinvindicativa da asociación á causa das contínuas ameazas ás que veñen sendo sometidos os Lugares de Interese Comunitario (LIC). Moitas veces reconvertidos en obxecto de especulación dos grandes poderes económicos. Afírmase a necesidade de ampliar a Rede, como por exemplo incluíndo a protección oficial para a Serra do Suído.

Liñas propias de conservación

Xurxo Mouriño

Páx. 19

Xurxo Mouriño, para quen a Rede Natura non ten porque ser a única fórmula de conservación na Galiza, participou no debate central da Asemblea de ADEGA, dedicado á valorar o futuro dos nosos espazos naturais. Velaquí un resumo da súa intervención.

MardeLira: a primeira reserva mariña de Galiza

Editorial

Páx. 20

Lira foi unha das localidades galegas máis danadas pola catástrofe do Prestige de hai 3 anos. Ten arredor de 1.000 habitantes e máis do 35% da súa poboación vive do marisqueo e da pesca. MardeLira presentou na Asemblea de ADEGA o proxecto sobre a primeira reserva mariña de Galiza, que tamén é da fachada atlántica do Estado español. Cunha superficie de 1.700 Ha, foi promovida polos propios pescadores de Lira, dentro do proxecto de desenvolvemento da zona MardeLira.

Beneficios e custos sociais na conservación da Rede Natura 2000

Maria Xosé Vázquez Rodríguez

Páx. 21-23

O obxectivo da investigación era proporcionar información ampla e relevante para a toma de decisións de xestión daqueles espazos de montaña ecolóxica e socialmente máis valiosos. Os resultados cuantitativos obtidos demostran que a conservación e mellora na calidade dos nosos montes non só é viábel economicamente senón que ademais é socialmente desexábel. Se algo temos de resaltar, é a necesidade, percibida por ambos colectivos -demanda e oferta (propietarios de montes e poboación metropolitana galega)-, dun cambio nas política de desenvolvemento rural que sexa capaz de satisfacer as novas necesidades das sociedades modernas. Neste novo contexto os espazos de montaña poden proporcionar oportunidades de desenvolvemento e mellora na calidade de vida para as persoas das urbes.

Touriñán: Roteiro polo fin da terra

Xose Manuel Menéndez Barúa, Fins Eirexas

Páx. 24-26

O calo Toruiñán, situado na Costa da Morte dispútalle o posto ao cabo da Nave por ser o punto máis occidental peninsular. Esta área foi núcleo de numerosos accidentes, que quedarían gravados na retina de varias xeracións de mariñeiros. Neste roteiro percorremos desde Frixe ata o Cabo Touriñán, espazos propostos para a Rede Natura 2000, pero tamén unha parte máis vencellada ás lendas e esencia da Costa da Morte.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal