Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 49 - Especial:...

Outubro 2006

CERNA Nº 49 - Especial: xestión do lixo

Artigos da revista CERNA Nº 49

Unha nova agresión no río Umia

Virginia Rodríguez, Ramsés Pérez

Páx. 7-8

O vertido tóxico da empresa Brenntag (08/09/06) ocasionou unha catástrofe ambiental no Umia. Durante dez días, o río tornou completamente azul. Máis tarde, viraría completamente verde, augas arriba, á raíz do estancamento da auga e os efectos dos numerosos vertidos sen depurar que o río sofre a diario.

Os lumes a debate: causas e solucións

Belén Fernández

Páx. 9-14

Galiza arde desde hai 4 décadas cunha intensidade que ven marcada pola climatoloxía estival, a acumulación de biomasa combustíbel no monte e pola maior ou menor actividade incendiaria. Dende o ecoloxismo vimos defendendo que a solución aos incendios non pode descansar unicamente no dispositivo de apagar o lume, senón nas causas estruturais que fan posíbel esta epidemia. O modelo forestal é un dos primeiro factores que condicionan o alcance dos incendios, ao promover monocultivos como eucaliptos ou piñeiros. Se a isto lle sumamos o abandono da agricultura rural, e do rural en xeral, máis a reforestación, obtemos a situación de crise da Galiza.

A posición ecoloxista

ADEGA, FEG

Páx. 16-17

Baixo o lema "Abrindo camiños de diálogo", ADEGA e a FEG, realizaron unhas xornadas entorno aos usos e xestión dos residuos na Galiza. Co fin de coñecer os resultados e alternativas existentes contouse con representantes das diferentes entidades máis salientables do noso país. Poñendo especial atención nas cantidades que eran reutilizadas, as destinadas á reciclaxe, á compostaxe, á incineración ou ao vertido. Intentando crear un mapa de xestión do lixo completo. Porén esta tarefa resultou complexa posto que as canles de información usuarias - empresas móvense so en intereses económicos.

Compostaxe doméstica: imitando a natureza

Ramsés Pérez

Páx. 18-19

ADEGA ven desenvolvendo dende o verán do 2002 un total de 11 programas de compostaxe caseira coa finalidade de darlle unha xestión ecolóxica aos residuos orgánicos e así evitar a súa incineración ou vertido. A compostaxe caseira tense demostrado neste período de tempo como un sistema eficiente na xestión domiciliaria dos residuos orgánicos e cada día máis persoas interesante por este sistema de tratamento descentralizado.

Redución do lixo: unha utopía posíbel

Celestino Quintela Sabarís

Páx. 20-21

A produción do lixo e o tratamento (ou non) que del se fai, constituíu un dos principais impactos que unha sociedade fai sobre o medio ambiente. Neste senso o modelo ecoloxista desde os seus inicios, defende o modelo das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Son numerosas as experiencias arredor da Terra que dan conta das posibilidades de éxito destes modelos máis sostibles. Mais para reducir e simplificar a produción de residuos cómpre facer cambios estruturais de base, nos que o diálogo e a participación cidadá sexan eixos básicos.

Complexo medioambiental do Barbanza

Marta Domínguez Domínguez, Jacobo Patiño López

Páx. 22-24

O Complexo Medioambiental do Barbanza, situado no concello de Lousame (A Coruña) xestiona o total dos residuos sólidos urbanos (RSU) xerados nos concellos de Brión, Lousame e Porto do Son, Muros, Carnota, Rois, Pontecesures e Ames. Ademais de recoller o papel e vidro do concello de Noia. Este complexo xestionado por FCC, S.A iniciou o seu plan integral de máxima valoración dos residuos. Implantación da recollida selectiva, recuperación dos residuos de envases para reciclaxe e valorización da materia orgánica mediante a súa compostaxe aerobia.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal