Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 77 - Abonda xa de...

Verán 2017

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Artigos da revista CERNA Nº 77

Rede de cliclovías para Vigo: o ocaso da cidade das costas

Alexandre Mouriño Fernández

Páx. 40-43

Vigo ten sido historicamente a cidade galega esquecida en termos de mobilidade ciclista. O tipo de ocupación do seu territorio cunnúcleo denso preto do mar e cunha coroa de parroquias de baixa densidade poboacional, xunto cunha topografía certamente complexa,serviu de escusa perfecta durante décadas ás diferentes corporacións para desestimar actuacións nesta liña. Na actualidade, aspresións das asociacións a prol do uso da bicicleta como medio de transporte alternativo ao vehículo privado, as esixencias da UE eunha corporación máis sensíbel a estes asuntos parecen por fin ter espertado do seu letargo a grande urbe galega. Pero, é posíbelmoverse en bicicleta nunha cidade con tantas costas? Tentemos dar resposta a esta dúbida razoábel.

Avaliación dos riscos penais para a auga: o proxecto WATER CRIMES

Luz María Puente Aba e Eva María Souto García

Páx. 44-47

O proxecto “Water Crimes”, financiado pola Comisión Europea, ten como finalidade avaliar os riscos penais para a auga. Neste artigorevísanse os principais tipos de perigo para a auga destinada ao consumo humano (auga doce e potable) identificados na investigación eque poden ser constitutivos de delito. Entre eles temos a contaminación e o envelenamento, a subtracción, a fraude, ou a corrupción.Finalmente, preséntanse propostas de solución para unha mellor prevención e persecución dos crimes a nivel europeo.

Entrevista a Ramón Varela: O ecoloxismo galego hoxe

Por CERNA/Redacción

Páx. 48-49

O Doutor en Bioloxía e experto en contaminación atmosférica, Ramón Varela Díaz, foi galardoado en 2016 co premio Osíxeno de Honraque outorga ADEGA a personalidades cuxas traxectorias teñan contribuído á defensa ambiental de Galiza. Este premio coincidiu coacelebración dos 40 anos de ADEGA, asociación ecoloxista da que foi presidente na década dos 80 e 90.

25 anos de CEMMA: punto de inflexión?

José A. Martínez Cedeira e Alfredo López

Páx. 50-53

este ano 2017 celébrase o XXV aniversario da CEMMA. Esta efeméride abre un período de reflexión sobre: a calidade do labor feito, aavaliación dos resultados, o valor do esforzo realizado como grupo de traballo específico no estudo, conservación e divulgación dastartarugas e mamíferos mariños; pero tamén deixa aberta á reflexión o futuro da entidade e os obxectivos e traballos pendentes de acadar.

Unha animalada e o tomentelo silvestre

Xosé Salvadores e Marga Miguens

Páx. 54-55

Xosé Salvadores reflexiona sobre o achegamento dos animais salvaxes ás zonas habitadas, incluso ás grandes cidades, e Marga Miguens descúbrenos as cualidades dunha planta aprezada polas abellas, o serpol ou tomentelo silvestre.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal