Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 10 - -

PRIMAVERA 1994

CERNA Nº 10 - -

Artigos da revista CERNA Nº 10

MINERIA: As consecuencias ecolóxicas da minería en Galicia

Juan Ramón Vidal Romani

Páx. 15-16

Neste artigo recóllese o gran impacto que presenta a minería en Galiza.

MINERIA: A minería a ceo aberto ameaza a Serra da Enciña da Lastra

Gustavo Docampo

Páx. 17-18

O proxecto de explotación dunha canteira de caliza a ceo aberto na Serra da Enciña de Lastra ameaza dito espazo dun xeito claro. O MOPT, a través da Dirección Xeral de Política Ambiental e en cumprimento da normativa vixente, iniciou un período de consultas para a avaliación do impacto ambiental desde proxecto de explotación.

DOSIER CERNA: Celulosas de Pontevedra:30 anos de degradación ambiental

Redacción/CERNA

Páx. 19-26

As celulosas incrementan gravemente a perigosidade ambiental das augas das rías de Pontevedra. Moitas zonas destas rías teñen unha contaminación de tipo fundamentalmente microbiolóxico e bacteriano e noutras súmaselle unha forte presenza de mercurio e outras substancias nos sedimentos provocadas polas celulosas.

ROTEIRO: A Serra da Capelada

Redacción/CERNA

Páx. 27-30

Este roteiro discurre polo complexo de cabo Ortegal no que se inclúe a Serra da Capelada, lugar no que é posible observar espectaculares estructuras tectónicas e excepcionais mostras de rochas.

VEIGAS DA LIMIA: Un paseo polas Veigas da Limia

Miguel A. Novoa

Páx. 31-32

Neste artigo un membro do movemento ecoloxista da Limia narra en primeira persoa a beleza singular e os seus pareceres sobre as Veigas da Limia.

OS PRECURSORES: Tomas Rico Jimeno e o excursionismo escolar relacionado coa natureza

Xosé A. Fraga Vázquez

Páx. 33-34

A natureza ofreceu, históricamente múltiples posibilidades de atención e actividade; foi obxecto de estudo, de preocupación, de disfrute, de atención artística, e tamén utilizada para o uso educativo. O excursionismo, contacto organizado coa natureza, pode recoller esas diversas posibilidades. Nesta ocasión atenderemos ao excursionismo escolar promovido por Tomás Rico Jimeno.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal