Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 9 - -
Páx. 2
A COTOP, a finais do 93, debido a obrigatoriedade que establece a Lei de Augas de elaborar un plan hidrolóxico intracomunitario, elaborou un proxecto de directrices con boas intencións, pero cheo de incorreccións. Sinalmos que este proxecto chega descaradamente tarde, xa que se sitúa o primeriro horizonte do plano hidrolóxico no 1992, e o proxecto de directrices presentouse en Outubro de 1993.
Páx. 3
A Estrada, un dos concellos máis extensos de Galiza, caracterízase por unha fisionomia eminentemente rural e a ausencia de focos de contaminación atmosférica locais. Nembargantes, un estudo de Adega nestas terras indica que preto da mitada das árbores están gravemente danadas pola contaminación atmosférica procedente de Meirame e As Pontes.
Páx. 4
As concentracións de materia orgánica, materiais en suspensión, amoniaco e fosfatos encontranse moito por enrriba das concentracións normais para a vida dos peixes nos ríos Sar e Sabela. Isto é unha consecuencia dos vertidos urbanos de Santiago, xa que a ampliación da planta depuradora de A Silvouta non acadou os obxectivos esperados.
Páx. 5
O autor, que pertence a Asociación para a Defensa da Ría, relatanos a campaña pública desenvolvida pola APDR co obxectivo de exisir da Xunta a publicación dos resultados, e que, no caso de incumprimento do convenio asinado, proceda ao peche definitivo do complexo Ence-Elnosa. A APDR pudo comprobar xá que ENCE non cumple coa lexislación ambiental aplicable, nen sequera cos criterios contemplados no convenio que ela mismo asinou.
Páx. 6-8
"Nos anos 70, dáse na Galiza unha situación de profundo descoñecemento do emdio natural galego, e de falta de estudos sobre a nosa realidade. É nesta situación cando se nos caen toda unha serie de proxectos industriais de dubidoso interese económico e un gran impacto ambiental sobre o medio natural, tanto de contaminación como de esquilmación de recursos."