Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 6 - -

Primavera 1993

CERNA Nº 6 - -

Artigos da revista CERNA Nº 6

En defensa do ferrocarril

Roberto García Olano e Joám Carmona Badia

Páx. 14-16

Certas reformas que RENFE considerou necesarias para reducir as perdas económicas, produciron un deterioro considerabél no sistema ferroviario galego, ademáis da reducción dalgún emprego dese sector. Unha razonable discusión da reducción ou peche dalgunhas liñas deberá facerse conxuntamente coa posibilidade de establecer algunhas novas.

DOSSIER: Marea Negra

Redacción/Cerna

Páx. 17-24

Neste artigo recóllense diferentes catástrofes acontecidas nas costas galegas, sendo causadas por infraccións e irresponsables. As rías de A Coruña, Ferrol e Ares, son vítimas de catástrofes petroleiras que provocaron graves desfeitos, sendo as mareas negras a maior ameaza para as avez mariñas.

Viñeta

Xaquín Marín

Páx. 25-27

Concentracións parcelarias, desertización asegurada

Redacción/Cerna

Páx. 28-29

O impacto ambiental que producen as concentracións parcelarias xera unha deforestación na paisaxe rural. Toda a vexetación é arrincada sistemáticamente de raíz, sen ter en conta ó seu gran valor ecolóxico. Os regatos e os ríos, con seus bosques de galería sufren unha transformación inimaxinable. As concentracións parcelarias incumpren a Lei, existen especulación da madeira, tan só existe unha preocupación e interés económico por parte dos gobernos... pero nós temos unha alternativa.

OS PRECURSORES: Manuel Baraja, un ornitólogo preocupado pola conservación da Natureza

Xoxé A. Fraga Vázquez

Páx. 30-31

Coas súas posicións conservacionistas, Baraja sintoniza coa preocupación dos especialistass máis atentos do momento. Non se lle escapa a este observador o nefasto papel que para a conservación da avifauna supón a incesante caza.

A NATUREZA NA LITERATURA: Presenza da natureza nas Cantigas de Santa María

Emilio Xose Insua

Páx. 32-33

Para iniciar a andaina da sección pareceunos oportuno voltar ao período medieval, unha época de esplendor cultural e de normalidade sociolingüística en Galiza, e deitar atención sobre unha obra de carácter relixioso, as Cantigas de Santa María, atribuída tradicionalmente ao rei castelán Afonso X, "O Sabio".

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal