Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 6 - -

Primavera 1993

CERNA Nº 6 - -

Artigos da revista CERNA Nº 6

EDITORIAL

Páx. 1

ACTUALIDADE:De Eurogalicia Forestal ao cemiterio de residuos tóxicos de Somozas

Redacción/Cerna

Páx. 2

Algúns dos proxectos industrializadores da Xunta caracterizanse polo elevado impacto sobre o medio ambiente e pola falta de perspectivas de cara ó futuro. A planta de residuos tóxicos de Somozas era un complemento necesario as pretendidas industrias celulósicas, que por sí soas xeran máis dun tercio dos denominados residuos tóxicos e perigosos. Preguntámonos se o fracaso do plan celulósico fará reconsiderar a instalación en Somozas dunha planta dese tipo.

ACTUALIDADE: As medias verdades científicas sobre o desastre ecolóxico do Mar Exeo

Manolo R. Bermejo

Páx. 3-4

Os que estamos pola defensa do medio ambiente non podemos esquecer o desastre ecolóxico acontencido desde o encallamento do petroleiro Mar Exeo ós pes da Torre de Hércules. De entrada sinalar que a verdade é decote máis revolucionaria ca mentira.

ENTREVISTA: Un abogado contra a chuvia ácida: conversa con Marc Viader

Redacción/Cerna

Páx. 5-7

Nesta entrevista realizada a Marc Viader, resólvense certas cuestións: que é o delito ecolóxico e desde cando figura na lexislación española?, por que hai tan poucas denuncias por danos ambientais?, é doado denunciar a unha térmica, por exemplo?

Moncho, sempre, sempre

Ramón Muñiz de las Cuevas

Páx. 8-9

Cando falamos de vexacións, humillación e abusos ó longo da nosa historia é inevitábel pensar nos labregos que tanto sufriron. Loitaron e grazas a eles as terras continuaron xerminando, as augas regando os campos e as vacas producindo cada vez máis leite. Entre estas persoas que se opuxeron a resistencia hai que destacar a Moncho Valcarce, que asumir a responsabilidade de protagonizar unha loita desigual.

A NOSA FLORA: As ximnospermas da Galiza

Henrique Niño Ricoi

Páx. 10-13

As ximnospermas, incluídas dentro dos espermatófitos ou tamén chamadas fanerógamas, son un grupo de plantas caracterizadas principalmente por ser plantas leñosas, a miúdo resinosas, unisexuais...

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal