Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 3 - -

Primavera 1992

CERNA Nº 3 - -

Artigos da revista CERNA Nº 3

EDITORIAL

Páx. 2

OPINIÓN: Impostos verdes, unhas primeiras notas

Xavier Labandeira Villot

Páx. 3-6

A principal argumentación que sustenta a existencia de impostos ecolóxicos é a constatación de que os seus prezos de moitos produtos non reflexan os custos ambientais da súa produción e consumo.

FAUNA: Ampliación e acotacións sobre a fauna e flora galegas en perigo de extinción

Xoxé Luis Vilar Hermidas

Páx. 7-11

Neste artigo, Vilar trata de ampliar o mostrario que se recolle no libro A Natureza Ameazada, editado pola Comisión do Patrimonio Ecolóxico do Consello da Cultura Galega, e tamén de falar dalgunha das especies raras que podemos atopar na nosa terra.

A NOSA FLORA: Fagales galegas

Henrique Niño Ricoi

Páx. 12-15

A orde Fagales está comprendida por plantas leñosas de zonas temperadas, unisexuais monóicas e case sempre anemófilas, con follas esparcidas, simples e con estípulas caidizas.

OS NOSOS ESPAZOS: Atentados ecolóxicos: un panorama diario

Anxo Moure e Ramón Varela Díaz

Páx. 16-18

O val glaciar do Censa e o Pico Sacro, dous reductos de incalculable valor histórico, cultural e biolóxico están a ser obxecto de sendos atentados ecolóxicos, unha vez máis, debido ó sector industrial extractivista.

INFORME: Sistemas de tratamento biolóxico integral de efluentes residuais en conservas Calvo

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 19-28

Conservas Calvo ten a súa fábrica situada nas aforas de Carballo, na marxe dereita do río Anllóns, dedicada principalmente a conservas de atún. Nesta fábrica orixínanse grandes cantidades de augas residuais, na que o contaminante principal é a materia orgánica que contén. Para eliminar o contaminante, chegouse un acordo con Calvo para instalar na factoria un reactor piloto experimental.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal