Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 4 - -

Verán de 1992

CERNA Nº 4 - -

Artigos da revista CERNA Nº 4

ACTUALIDADE: A UNCED de Río. Cume da Terra ou Eco-carnaval

Manuel Antonio Fernández Domínguez. Coordinador Taller de E.A. "A Curuxa"

Páx. 2-4

Nestes derradeiros 20 anos a situación ecolóxica global do noso planeta non cesa de deteriorarse, non cesa de polarizarse, cun Norte todopoderoso e hiperdepredador da meirande parte dos recursos enerxéticos e materais, e os países sudesenvolvidos xeneradores de materias primas que nin sequer poden disfrutar os seus cidadáns.

INFORME: Alegación presentada por ADEGA ao Plan Forestal de Galicia

Ramón Varela Díaz

Páx. 5-9

Desde a súa presentación no mes de marzo, o Plan Forestal ven ocupando unha morea de espacio en todos os medios de comunicación. Varela Díaz ofrécenos a alegación presentada por ADEGA ao Plan Forestal de Galicia facéndonos cuestionar o derradeiro Plan Forestal e os usos que estamos a darlle os nosos montes.

INFORME: Reflexións sobre o Plan Forestal andaluz

Albino Prada Blanco

Páx. 10-13

Prada Blanco achéganos unha comparación do Plan Forestal de Galicia co Plan Forestal Andaluz, o cal ten en consideración certas medidas que implican a conservación de arborados non madeirables.

INFORME: A impresentabilidade económica do Plan Forestal

J. Carmona

Páx. 14-18

O sentido que teñen as líneas deste artigo é o de comentar algúns aspectos do modelo forestal que presenta o Plan Forestal e dalientar algunhas deficiencias presentes no seu cáculo económico que demostran que non é tan "profesional" ni "perfecto" como se presume.

ACTUALIDADE: viñeta

X. Marín

Páx. 19

OPINIÓN: A planta de comportaxe de Mouga: Golpe de gracia ao reciclado na Galicia

Manuel Soto Castiñeiras

Páx. 20-23

Despois dun análise do estado da planta de compostaxe de Mouga, o resultado do informe recomenda o peche da mesma ou a súa reconversión cara a próxima incineradora. A irresponsabilidade de Erpo e dos governantes dos concellos da Mancomunidade, con Narón e Ferrol a cabeza, se non cambian moito as cousas, vai a dar ao trate coa única experiencia real de reciclado na Galiza.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal