Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 2 - -

Veran 1991

CERNA Nº 2 - -

Artigos da revista CERNA Nº 2

FLORA: A realidade: Destrucción no noso bosque autóctono

Carlos Vales Vázquez

Páx. 18

Os incendios como unha gran ameaza para os nosos bosques autóctonos.

FLORA: Plan de defensa do bosque autóctono

Xesús Pereiras López

Páx. 19

Unha defensa efectiva do bosque autóctono debe levarse a cabo dentro dunha Política Forestal a longo prazo, pero mentres esta non se elabora, deberíanse adoptar unha serie de medidas urxentes para evitar que continue a disminución das masas boscosas autóctonas e atallar o proceso de deterioro ao que se atopan sometidas.

ESPAZOS: A toma da Creba

Xesús Pereiras López

Páx. 20-21

A illa da Creba, no Concello de Muros, recibe a multitude de viaxeiros que se achegan a ela baixo a pintada . Esta illa supón un anaco de litoral inalterado nunha zona onde cada vez é máis difícil atopar recursos piscícolas, ao que hai que engadir un alto valor estético e as posibilidades que ofrece como lugar destinado ao lecer.

INFORME: 1990: Os incendios que non cesan

Ramón Varela Díaz-Xesús Pereiras López

Páx. 22-24

O ano 1990, pese aos esforzos acometidos desde a Xunta de Galiza, mediante o denominado Plan de Loita contra os incendios Forestais, elaborado pola Consellería de Agricultura, e unha intensísima campaña publicitaria, volveu a ser un ano nefasto para os nosos montes: os incendios volveron a ser negra noticia do verán.

INFORME: A recuperación e reciclado dos residuos; unha urxente necesidade

Xesús Pereiras López, Ramón Varela Dñiaz e Xosé Manuel López Cirpian

Páx. 25-29

O abandono xeralizado e a xestió deficiente en materia de xestión de residuos sólidos producido pola actividade humana ven sendo unha dinámica no noso país. A recuperación e reciclado de materiais recuperables é unha asignatura pendente en moitos concellos.Ante o panorama exposto ó longo de este artigo, ADEGA elaborou un Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos que presentou ao Conseleiro de Ordenación do Territorio de Obras Públicas o pasado ano.

INFORME: Vivir sen nucleares: unha iniciativa lexislativa popular do movemento ecoloxista e antinuclear do estado

ADEGA

Páx. 30-34

O peche das centrais nucleares é unha necesidade urxente, o risco de novos accidentes multíplicase día a día, a cantidade de residuos está acrecentando a hipoteca do futuro. A crise ambiental do noso tempo esixe un cambio no modelo enerxético, baseado na participación cidadá en cada nacionalidade e rexión.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal