Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 74 - Seguimento de...
Páx. 40-42
En 2004 o Proxecto Ríos, coordinado en Galiza por ADEGA, comeza a súa andaina coa firme intención de divulgar a situación ambiental dos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e achegar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como converterse nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Logo de dez anos fluíndo, o proceso de implantación e de consolidación do Proxecto Ríos en Galiza non puido ser máis positivo. Durante este período, o interese dos grupos de voluntariado ambiental, base do Proxecto Ríos, por participar e formar parte desta rede ten sido progresivo e constante.
Páx. 43-45
As limícolas son un grupo de aves, tradicionalmente incluídas na suborde Charadrii (Orde Charadriiformes), maioritariamente caracterizadas pola súa dependencia de humedais, tanto litorais como continentais, e por unha dieta baseada no consumo de invertebrados. A Península Ibérica presenta para este grupo zoolóxico un notable interese bioxeográfico, xa que son varias as especies con poboacións peninsulares de tamaño reducido situadas no límite meridional das súas áreas de reprodución. É o caso, por exemplo, da gabita (Haematopus ostralegus), da becacina (Gallinago gallinago) e do mazarico real (Numenius arquata).
Páx. 46-47
Os corvos, son "as aves máis espelidas" que coñecemos, teñen unha intelixencia que deixa ben demostrada no seu relato Xosé Salvadores. No apartado de flora, a caléndula e as súas propiedades contra as deficiencias hepáticas e menstruais é a protagonista.