Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 74 - Seguimento de...
Páx. 4
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
Páx. 5
Crónica da viaxe á India de dúas representantes de ADEGA e da Fundación Eira, de fraternidade coa Casa de Galiza de Santiniketan, fundada polo galego José Paz, pedagogo e seguidor do modelo educativo das Escolas Novas e de Rabindranath Tagore.
Páx. 6-7
José Paz foi professor de Pedagogia no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, é um grande conhecedor e investigador do poeta e filósofo hindu Rabindranath Tagore e vem de fundar a Casa da Galiza de Santiniketan, na Índia. Adela Figueroa e Montserrat Lombardía, de ADEGA, foram acolhidas pelo Dr. Paz na sua casa onde lhe realizaram a seguinte entrevista.
Páx. 8-13
A variedade de tiburóns que rondan as costas galegas podería sorprendernos. Toño Maño convídanos a iniciarnos na exploración deste mundo dos escualos, amosando algunhas das especies máis habituais en Galiza, os lugares nos que habitan, e algunhas das súas ameazas máis perigosas.
Páx. 14-17
Neste artigo abórdanse algunhas das ameazas actuais e potencias que poden afectar as comunidades de macroalgas en Galiza, dando exemplo das especies ou comunidades afectadas. As macroalgas como organismos bentónicos sésiles teñen unha capacidade moi limitada para responder a estes cambios, adaptándose ou migrando cara a outras áreas; polo que, dada a súa importancia ambiental e económica, resulta necesario manter un seguimento das súas comunidades co fin de detectar a tempo posíbeis impactos que ditas ameazas provocan nelas.
Páx. 18-20
www.biodiversidade.eu é unha plataforma colaborativa que, tras dous anos de vida, xa recolle valiosa información sobre os valores naturais de Galiza, Portugal e territorios limítrofes. Preséntanse neste artigo a xénese do proxecto, algún dos resultados máis relevantes, os contidos e funcionalidades que os usuarios poden atopar nos distintos apartados, e os pasos que se van dando e que se darán no futuro, cara á construción dunha comunidade que colabore activamente na conservación do noso patrimonio natural.