Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 73 - O decaemento...

Verán 2015

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Artigos da revista CERNA Nº 73

O presente das aves ameazadas en Galiza

SGO

Páx. 34-35

En abril de 2014 tivo lugar en Lobios (Ourense) unha xornada técnica na que, convocados pola Sociedade Galega de Ornitoloxía,ornitólogos galegos procedentes de distintos ámbitos (Universidade, Empresa, Administración, ONGs), analizaron asituación da avifauna galega. Partindo dunha fonda preocupación compartida polo estado de conservación das nosas avesmáis senlleiras, o obxectivo era a análise da situación actual das especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas(CGEA), así como do grao de cumprimento desta ferramenta, que desde a súa aprobación en 2007 non serviu parafrear a tendencia negativa destas especies. De feito, a maior parte dos datos achegados á xornada non fan máis que poñerde manifesto a situación de desamparo na que se atopan as nosas aves e, por extensión, o medio natural galego.

A intoxicación por amianto e o desamiantado

Luis Díaz Cabanela

Páx. 36-38

A utilización e comercialización do amianto foi prohibida o 14 de decembro de 2002, pero aínda quedan moitos obxectos, edificios, barcos e vehículos que o conteñen. Neste artigo, o médico e máster en toxicoloxía, Luis Díaz Cabanela, explicará cales son os efectos negativos para a saúde do contacto con este material e como se debe proceder ao desamiantado.

Comedores ecolóxicos escolares: O proxecto de A Caracola

Beatriz Ferreira Varela

Páx. 39-40

A EIM A Caracola forma parte da rede de escolas infantís municipais (EIM) do concello de A Coruña. O centro alberga 82 alumnos dos que 62 “participan” no comedor. Dicimos “participan” porque consideramos que os nenos non só veñen comer, queremos que gocen co feito de descubrir que lles ten preparado a nosa cociñeira, con novas presentacións ou con quen comparten mesa. Desde os pequenos lactantes, que poden participar do pracer de comer autonomamente, sen purés e sen a culler do profesor, aos máis maiores que xa saben elixir ou preparar o seu prato eles sos. O proxecto do comedor ecolóxico da Caracola xorde do interese por impulsar unha alimentación sa e variada entre os cativos da escola. Son nenos e nenas de entre 7 meses e 3 anos.

Como facer un forno solar

Juan Bello

Páx. 41-42

A construción dun forno solar de baixo custo é un exercicio que aproveita materiais que en principio son refugallo e que nos permite desenvolver habilidades manuais e de cálculo mentres se analizan diferentes conceptos teóricos: as formas de transmisión da calor, o efecto invernadoiro, a transformación de luz en calor, etc. No ámbito da edificación, os fornos solares son unha ferramenta interesantísima para sensibilizar os alumnos e profesionais na importancia do deseño bioclimático, da orientación, da captación solar, do illamento ou da disposición dunhas edificacións con respecto a outras para beneficiarse do sol. Neste artigo, Juan Bello, profesor desde 1993 de formación profesional en edificación, propón a construción dun fornosolar en varios pasos e empregando materiais moi accesibles e económicos, de xeito que tamén poida funcionar como maquetade investigación bioclimática.

As aves do mar e a consolda

Xosé Salvadores e Marga Miguens

Páx. 43-44

Nesta sección de flora e fauna de Galiza, Xosé Salvadores dedica o seu artigo ás aves do mar da Mariña de Lugo e, en especial a un "ibis" extraordinario. Marga Miguens expón as propiedades dunha planta que cura as feridas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal