Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 68 - Sentenzas...

Outono 2012

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Artigos da revista CERNA Nº 68

Garabullos, un pequeno mundo aberto a todo o mundo

Patricia Fouce

Páx. 37-38

Garabullos é un espazo libre inmerso na natureza da Terra Chá para aprender coas emocións; un tempo pausado para desenvolver os nosos talentos; unha vida equilibrada; unha experiencia para compartir os nosos coñecementos e traballar coas nosas capacidades; unha aposta por ser felices... Baixo esta premisa, esta instalación, localizada na parroquia de Sistallo, en Cospeito (Lugo) acolle as actividades dinamizadas pola Asociación Revolta Natural, integrada por xentes que nalgún momento tiveron contacto co proxecto inicial de Garabullos, que abriu as súas portas como granxa-escola no ano 2008.

Limpando praias para mudar conciencias

Lucía Parente

Páx. 39-40

O 8 de xuño conmemórase o Día dos Océanos. Por este motivo e co obxectivo de concienciar á cidadanía galega ante a problemática dos residuos no medio mariño e litoral, ADEGA organizou unha limpeza simultánea de praias en todo o país. Foi unha actividade que contou coa colaboración económica da Fundación Biodiversidad, enmarcada no proxecto “Praias, voluntariado e custodia do territorio”. Alén da limpeza de praias, ADEGA promoveu outra iniciativa dentro desta campaña chamada “Conservando as nosas dunas” poñendo en valor os ecosistemas dunares e eliminando flora exótica invasora. Neste artigo abordamos os resultados.

O sapoconcho

Miguel A. Fernández-Martínez; Alberto Gil Carrera

Páx. 41-43

O sapoconcho europeo inclúese no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de ”En perigo de extinción”. Esta categoría está reservada para aquelas especies cuxa supervivencia é pouco probábel, se os factores causantes da actual situación seguen a actuar. A catalogación dunha especie en perigo de extinción implica a elaboración dun Plan de Recuperación, cuxo fin é garantir a súa conservación en estado silvestre no territorio da comunidade autónoma, e dos seus hábitats, establecendo medidas adecuadas que permitan preservar, manter e restablecer as súas poboacións naturais facéndoas viábeis. Nesta sección de CERNA abordaremos a situación de especies galegas catalogadas “En perigo de extinción” e que precisan de Plans de Recuperación para que non desaparezan do noso territorio.

O sapo cándido/as milfollas

Xosé Salvadores e Marga Miguens

Páx. 44-45

Xa dicía Álvaro Cunqueiro que os galegos e chineses só amosan interese por aqueles animais que teñen valor culinario e esta aptitude trouxo, até o de agora, consecuencias nefastas para algunhas criaturas da nosa fauna. Este é o caso do sapo, ao cal se lle fai xustiza neste artigo de Xosé Salvadores . No apartado de Flora, estudaremos a “Milfollas”, herba que tamén adopta “mil nomes”, como comprobamos neste artigo de Marta Miguens.

Estreliñas da terra

Cristovo Ruiz Leivas

Páx. 46

Entre os moitos cogomelos que se poden atopar en tempos de choivas nas terras de Valdeorras, O Bolo e Trives, destacan pola súa variedade e beleza, os Geastraceae. Son os coñecidos tamén como “Estreliñas da terra”. Non son comestíbeis, pero son dos máis raros e preciosos que se poden ver. O seu carpóforo está provisto de varias envolturas e ao abrir convértense en estrela.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal